26-11-19 - CCU Monforte

JUAN CARLOS GONZÁLEZ É O NOVO PRESIDENTE DO CCU DE MONFORTE

Tras sete anos como presidenta do Centro Comercial Urbano de Monforte, o próximo 27 de novembro María José Senra pasará o testigo á fronte da asociación de comerciantes a Juan Carlos González, propietario en Monforte das tendas Lambetadas e Party Globos.

Este feito non será o adeus definitivo de Senra á asociación xa que continuará achegando a súa experiencia, a lo menos durante un tempo, tras a petición da nova directiva.

Ao proceso electoral, aberto o pasado 12 de novembro, só concorreu unha candidatura, a encabezada por Juan Carlos González, que ao ser proclamada como a única admitida equivaleu á súa elección automática como marcan os estatutos da asociación.

Ademais do novo presidente, outros sete comerciantes formarán parte do novo órgano directivo da asociación. Son, Áurea González Pérez (Santiveri), Diego Rivera García (Kukin Calzado Infantil), Rocío López Sánchez (Bazar Caurel), Melanie de la Fuente González (Miruxa), Elsa Fuertes Álvarez (Akebia), Yoana López Rodríguez (Agro López) e María José Senra Sánchez (Piensos Senra).

A nova directiva seguirá apostando por Ángel Folgueira como xerente da asociación.










© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com