13-01-2018- CCU Monforte

O pasado 9 de xaneiro entregáronse os premios da campaña #BoletosconPremioCCU na sede da asociación.

- O Samsung Galaxy Note 8 foi entregado a Noela Figueiras Gómez, residente en Abesta, na parroquia de Vilelos (O Saviñao), pero cliente habitual do CCU Monforte. Foi ela quen atopou o boleto premiado en Santiveri Monforte.

- A recoller a viaxe a Milán achegouse Francisco Rodríguez Álvarez en representación da súa parella María Paz Rodríguez Martínez, a afortunada clienta cuxo boleto de Peluquerías Bolboreta resultou agraciado no sorteo da viaxe. Ambos son residentes en Monforte e tamén clientes habituais dos comercios da nosa cidade.

Os premios foron entregados pola presidenta da asociación de comerciantes de Monforte (CCU) en representación dos máis de 150 establecementos asociados grazas aos cales podemos levar a cabo todas estas iniciativas.

Compra no CCU Monforte, o teu centro comercial na Ribeira Sacra, e sinte lemosía!










© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com