VOLTA AO COLE 2017 (2 e 3 de setembro)



Unha das épocas do ano con máis actividade comercial en Monforte coincide coas datas previas ao comenzo do curso escolar.


Para incentivar as compras xa desde principios de setembro organizamos durante o primeiro fin de semana do mes a campaña adicada á "Volta ao Cole".


Aproveitando o gran tirón do tren turístico durante a campaña de Nadal e as moitas peticións de clientes e asociados para repetir a actividade, volvimos traer o tren turístico Aba Sacra que fixo varias rutas por Monforte percorrendo cunha guía turística os principais monumentos da nosa cidade poñendo en valor a importancia das achegas dos nosos comerciantes para a súa conservación ademais de lembrar a gran oferta comercial do Centro Comercial Urbano e a súa importancia como un dos principais dinamizadores da oferta de lecer en Monforte.


Seguindo coa aposta de realizar actividades nas que todos os nosos socios poidan verse beneficiados esiximos, para poder acceder ás rutas, mostrar un ticket de compra dos 15 días anteriores dalgún dos establecementos asociados. No tren colocamos unha urna onde depositar os tickets que deron a posibilidade de participar no sorteo de varios vales agasallo para comprar material escolar.

 

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com