AUTOCINE LEMOSÍA DO CCU 2020 (28, 29 e 30 de Agosto)

 


Dentro das diversas campañas de dinamización comercial que se levan a cabo desde o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU), este ano volvemos apostar por unha actividade totalmente inédita en Monforte de Lemos, como no seu día fórono a Pista de Patinaxe ou o Parque Multiaventura, por exemplo.


Ata fin de existencias, os clientes que fagan un gasto mínimo de 15€ nalgún dos establecementos asociados ao CCU poderán vivir a experiencia dun Autocine, por primeira vez en Monforte.


Será a fin de semana do 28, 29 e 30 de agosto no aparcadoiro do Parque dos Condes.

 

XA TES O CÓDIGO NECESARIO PARA RESERVAR A TÚA PRAZA?
As prazas son limitadas!, así que pica xa no botón que verás a continuación e asegura canto antes a túa praza no Autocine:


RESERVA XA A TÚA PRAZA NO AUTOCINE! 



          Reservar praza



Se ten algunha incidencia coa reserva de praza contacte con: soporte@emesports.es



AÍNDA NON TES O CÓDIGO NECESARIO PARA RESERVAR A TÚA PRAZA? ASÍ O PODES CONSEGUIR!


  • Se es cliente do Centro Comercial Urbano de Monforte e fixeches un gasto de polo menos 15€ nalgún dos establecementos asociados poderás solicitar o teu código de reserva de praza (Ata fin de existencias. Cada negocio asociado contará con 25 códigos para repartir entre os seus clientes)

  • Unha vez teñas o teu código, entra canto antes en www.ccumonforte.com/autocine e fai a túa reserva. As prazas son limitadas, 100 por película, se deixas para última hora é probable que quedes sen sitio, reserva xa!

IMPORTANTE:

  • Os códigos necesarios para reservar a túa praza non dan acceso directo ao Autocine, só serven para facer a reserva.

  • Se chegaches tarde a facer a túa reserva, non tires o código! Poderás usar ese mesmo código para tentar reservar praza para outra película a condición de que queden prazas dispoñibles

CARTELERA

VENRES 28 DE AGOSTO:


20.15h GREASE. Ano 1978 (Valoración en IMDb: 7,2)

23.15h O QUE ARDE. Ano 2019 (Valoración en filmaffinity: 7)

Aberto o prazo para reserva de prazas para estas películas desde o martes 11 de agosto

SÁBADO 29 DE AGOSTO:


20.15h MASCOTAS 2. Ano 2019 (Valoración en IMDb: 6,5)

23.15h PARÁSITOS. Ano 2019 (Valoración en filmaffinity: 8)

Aberto o prazo para reserva de prazas para estas películas desde o martes 18 de agosto


DOMINGO 30 DE AGOSTO:


20.15h SPIDERMAN (LEJOS DE CASA). Ano 2019 (Valoración en IMDb: 7,5)

23.15h ÉRASE UNA VEZ HOLLYWOOD. Ano 2019 (Valoración en filmaffinity: 7,1)

Aberto o prazo para reserva de prazas para estas películas desde o luns 24 de agosto


Ven a Monforte de Lemos, compra no comercio local e… vive unha experiencia de película!


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com