VOLVEN AS OPORTUNIDADES DE INVERNO DO CCU (4 e 5 de marzo de 2023)

 

Un ano máis, volven As Oportunidades de Inverno do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte, será a fin de semana do 4 e 5 de marzo (sábado e domingo) na Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos.

As 17 tendas asociadas que participan nesta ocasión; Lambetadas, Mimos, Cactus Rose, Mercería Carmen, Centro Óptico Susana Wirz, Doble M, The Closet, Sapitos y sirenas, Colorín Colorado, Kukin Calzado Infantil, A&N Moda, Carpe Diem, Da Nosa Terra, F&M Moda, Fiesta Globos, Chus Boutique e Sabrina Moda, ofrecerán grandes descontos de fin de tempada superando nalgúns casos o 70% en moda, calzado, bebé, complementos, óptica, decoración, mercería, agasallo e decoración con globos.
 
Horario:
Sábado 4 marzo:
- Mañá: 10.00h a 14.00h
- Tarde: 16.30h a 20.30h
Domingo 5 marzo:
- Mañá: 11.00h a 14.00h
- Tarde: 17.00h a 19.00h
 
Novidade! OCIOTECA INFANTIL:
 
Este ano como novidade, os pais que veñan ás oportunidades do CCU poderán tomarse un respiro para realizar as súas compras deixando aos seus fillos na divertida ocioteca que se habilitará no propio recinto.
 
Na Ocioteca do CCU organizaranse diferentes talleres para manter entretidos aos máis pequenos da familia. O acceso será totalmente gratuíto ata completar o aforo.
 
Horario de apertura da Ocioteca Infantil:
Sábado 4 marzo:
- Mañá: 11.30h a 13.30h
- Tarde: 18.00h a 20.00h
Domingo 5 marzo:
- Mañá: 11.30h a 13.30h
- Tarde: pechada
 
A cita que marca o final do inverno para o comercio monfortino xa está en marcha, ven a visitarnos!

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2023 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com