EXPERIENCIA FERRARI NO CCU DE MONFORTE (Do 12 ao 21 de Setembro). Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

 

Dentro das campañas de dinamización comercial deste ano, o Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte propón unha excitante e nova experiencia para os seus clientes, a posibilidade de conducir un dos deportivos da mítica marca italiana.

Imaxinas gozar ao volante dun Ferrari? Pois non o penses máis e… fai realidade o teu soño! Vive co CCU a experiencia de conducir un Ferrari polas rúas de Monforte de Lemos!
 
 
QUE TES QUE FACER PARA SER UN DOS ELIXIDOS?
 
Rexistrar tantos tickets como poidas de compras realizadas en establecementos asociados ao CCU durante o período comprendido entre o 12 e o 21 de setembro.

Cada participante na campaña terá a súa «Cesta da Compra» persoal onde se irán sumando os importes de todos os seus tickets rexistrados. As 9 «Cestas da Compra» máis grandes ao finalizar a campaña serán premiadas directamente coa experiencia de conducir un Ferrari.
 
 
REXISTRA A TÚA CONTA DE USUARIO EN WWW.EXPERIENCIASCCUMONFORTE.COM
 
Antes de empezar, le moi atentamente as BASES DA CAMPAÑA. Unha vez lidas, rexistra o teu usuario en www.experienciasccumonforte.com/rexistro
 
Unha vez obteñas o teu nome de usuario e contrasinal, xa podes empezar a rexistrar os tickets das compras realizadas en establecementos asociados ao CCU (revisa unha vez máis as Bases da Campaña para ver que tickets son válidos e como computan)

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2022 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com