FASHION NIGHT 2017 (11 agosto de 2017)



Seguindo coas noites temáticas de verán, este ano fixemos coincidir a Fashion Night, noite adicada ao mundo da moda,  co inicio das festas patronais de Monforte. A idea foi aproveitar a gran afluencia de xente que acude ese día a nosa cidade e  mostrar así a gran oferta comercial de Monforte e incentivar as ventas entre os nosos clientes habituais e turistas.


Desde as 20.00 horas da tarde, as principais rúas comerciais de Monforte, ambientadas por distintas actuacións musicais, viviron tres espectaculares exhibicións de moda a pé de rúa onde as tendas monfortinas puideron mostrar os seus mellores produtos de tempada e todo o seu potencial.


Os modelos que pasaron a roupa, seleccionados previamente no casting que se realizou o 7 de agosto con gran participación,  foron todos veciños e veciñas da nosa cidade, moitos deles tamén clientes, que puideron sentirse por un día como grandes estrelas da pasarela.


As tendas asociadas abriron novamente en horario especial ata a madrugada e decoraron os seus escaparates coas súas mellores galas ademais de aplicar grandes descontos nos seus produtos e servizos.

 

Unha noite máis, a afluencia de xente aos comercios foi moi alta e foron moitos os turistas e veciños que se agolparon nas rúas para poder presenciar de primeira man as nosas exhibicións a pé de rúa.

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com