BOLETOS CON PREMIO (novembro/decembro 2017)



Seguindo coa nosa aposta por organizar actividades que sexan novidade en Monforte e que involucren a todos os establecementos asociados ao CCU, ideamos a campaña #BoletosconPremioCCU.


Durante esta campaña repartíronse uns 30.000 boletos entre os nosos asociados para entregar aos clientes do CCU con cada compra realizada.


Un dos boletos escondía no seu interior un premio directo, un flamante iPhone X (ou Galaxy Note 8, a escoller). O resto, ofreceron a posibilidade de participar no sorteo dunha espectacular viaxe a Milán para dúas persoas que se celebrou o 21 de decembro.


Con esta actividade, ademais de incentivar as vendas durante esta época do ano, quixemos dar maior visibilidade aos establecementos que forman parte da asociación e premiar a fidelidade dos nosos clientes.

 

Bases promoción #BoletosconPremioCCU

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com