NOVA WEB E CATÁLOGO ONLINE (Novembro 2017)



Aínda sendo tempos difíciles para o pequeno comercio, novas oportunidades xorden para axudar a seguir coas nosas actividades comerciais. Unha das máis destacadas na actualidade é a venda por Internet.


Coa idea de potenciar a presenza do comercio monfortino na Rede decidimos desenvolver un catálogo multimedia en liña que ademais de servir para paliar a carencia coa que se atopan moitos dos nosos asociados ao non poder contar con tendas 'on line' competitivas, permite aos nosos clientes contar cun novo servizo que  facilita o acceso aos nosos produtos e a súa posterior compra.


Este catálogo multimedia pretende ser un gran escaparate na Rede dos produtos e servizos máis destacados e competitivos de cada un dos nosos asociados.


Ademais de ser sinxelo de usar, facilita en todo momento a tarefa de atopar información sobre os produtos e servizos ofertados, así como a compra dos mesmos, actuando como intermediarios para redirixir esas compras ás propias tendas 'on line' dos nosos asociados ou, no caso de non contar con ela como sucede en moitos casos, facilitando o contacto con estes para que esa compra se poda levar a cabo ben por correo electrónico, por teléfono ou na propia tenda física.


Os produtos e servizos ofertados son presentados de forma visual proporcionando os elementos multimedia necesarios para que o cliente poida observar adecuadamente as características do produto ou servizo ofertado: imaxes de calidade, vídeos, etc. Cada produto ou servizo conta cunha descrición na que se explican as características do produto ou servizo.

 

En definitiva, con esta acción pretendemos dotar aos nosos asociados e clientes dun novo servizo acorde ás novas tendencias de compra, que ofreza credibilidade e confianza ademais de axudar ao posicionamento do noso comercio en Internet.

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com