CAMPAÑA INFORMATIVA E DE CAPTACIÓN DE SOCIOS 2017


Durante os dous primeiros meses do ano levamos a cabo unha campaña informativa e de captación de socios entre os comerciantes de Monforte.
Durante esta campaña informouse a través das nosas redes sociais e con visitas a varios comerciantes das vantaxes de formar parte da asociación, dos nosos obxectivos e dos servizos que se ofrecen aos asociados.
Os establecementos que se deron de alta durante a campaña tiveron un desconto do 50% na cota dos seis primeiros meses, desconto que tamén se aplicou aos xa asociados se algún dos novos chegaba recomendado por eles.
            Os resultados desta campaña foron moi satisfactorios sumando só nese periodo 20 novos asociados e superándose así a barreira total dos 150 socios.


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com