SPOT DO CCU MONFORTE NA TVG. Do 15 ao 30 de setembro

 

Dentro das campañas de promoción do comercio asociado de Monforte, e grazas ao acordo de colaboración asinado coa axencia de comunicación Faro Norte, unha das responsables da xestión da publicidade na TVG, este ano fomos un paso máis aló e por primeira vez na historia da asociación emitimos un spot publicitario na televisión onde o comercio de Monforte e a nosa espectacular contorna foron os grandes protagonistas.


Para levar a bo porto esta campaña, contamos unha vez máis co equipo de creativos da axencia monfortina Amanita Studio que se encargou de crear o novo anuncio adaptado aos requisitos do formato televisión.  Neste spot se puxo en valor o comercio de Monforte moi ligado ao enorme potencial turístico da Ribeira Sacra co obxectivo de lograr captar a atención dos numerosos telespectadores da TVG.

 

O spot de 20" de duración, segundo marcan as pautas da TVG, emitiuse entre o 15 e o 30 de setembro en 5 ocasións para toda Galicia, 25 veces na desconexión local de Lugo e outras 25 veces na desconexión local de Ourense 

Esta promoción en televisión viuse reforzada por accións nas redes sociais baixo o xa recoñecido hashtag #EuSintoLemosía.

 

Deixámosvos a continuación o anuncio promocional que tan boa acollida tivo:


 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com