O MAGOSTO DO CCU. 2 de novembro de 2018

 

 

Coa chegada do mes de novembro o comercio asociado de Monforte organizará o seu primeiro Magosto, sera o venres día 2.

Os negocios asociados ao CCU Monforte, máis de 150, obsequiarán cun cornete de castañas asadas (ata fin de existencias) aos clientes que fagan unha compra superior aos 10 euros.

 

Para iso, ás 17.30 horas chegará á Praza de España un tren asador de castañas que permanecerá alí ata as 20.30 horas.

 

COMO CONSEGUIR O TEU CORNETE DE CASTAÑAS?

Pasa pola Praza de España no horario indicado e presenta ao asador de castañas un ticket de compra, ou a suma de varios tickets, por un importe mínimo de 10 euros. Só serán válidos os tickets de negocios asociados ao CCU Monforte con data de 2 de novembro de 2018.

 

Unha vez teñades as castañas, recomendamos que vos acheguedes ata algún dos bares asociados ao CCU e que as acompañedes dun rico viño da DO Ribeira Sacra.

Na seguinte ligazón podedes ver todos os establecementos asociados ao CCU: http://ccumonforte.com/socios.php

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com