DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO 2018... ATA 16.200€ EN PREMIOS!


 

A campaña “Días Azuis do comercio galego” terá lugar en Monforte entre o 7 e o 21 de maio de 2018 e nela poderán participar todos os clientes dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 16.200 euros en premios (28 tarxetas prepago regalo de 300 euros e 52 tarxetas de 150 euros) que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo realizarase ante notario o 25 de maio de 2018.

Podes participar de 2 maneiras diferentes:

1. Rexistrando a túa compra en www.diasazuis.com (a través de calquera dispositivo electrónico: móbil, tablet, pc, etc.)

2. Coa colaboración do comerciante, deste xeito duplicas a participación para o sorteo.

*En tódolos casos, o cliente debe fotografiar e/ou gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma.

Esta campaña é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio, Xunta de Galicia e Abanca, en colaboración coas federacións provinciais, o Centro Comercial Urbano de Monforte e outras asociacións de comerciantes.



AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com