FASHION NIGHT 2018 (Sábado 30 Xuño de 2018)

 

Volven as noites temáticas de verán do CCU! Este sábado 30 de xuño ven a vivir a Fashion Night 2018 ao Centro Comercial Urbano de Monforte!

Numerosas tendas asociadas ao CCU abrirán a noite do próximo sábado en horario especial, entre as 20.30h e a 01.30h da madrugada, para ofrecer grandes descontos aos seus clientes. 


Ademais poderedes gozar das seguintes actividades:

 

1.- II Edición da #StreetFashionMonforte, as exhibicións de moda a pé de rúa. Os horarios e lugares de celebración destes pases son:

- 20.00h Rúa Cardenal

- 21.00h Rúa Hermida Balado

- 22.00h Rúas Doutor Teijeiro e Comercio

Varios veciños de Monforte e arredores vivirán a experiencia de ser modelos por un día desfilando coas prendas e complementos cedidos por varias tendas asociadas ao CCU. Algúns nenos e probablemente dous adultos, home e muller, serán seleccionados para desfilar na próxima Pasarela Monforte Monumental do 8 de setembro xunto aos modelos profesionais. 

 

2.- I Choiva de globos con premios

Sorteamos 650€ para comprar esa noite nos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte!

A partir das 22.45h, uns 500 globos "choverán" sobre a Praza de España repartindo varios premios, cinco deles en metálico(un de 200€, outro de 150€ e 3 de 100€) 

AVISO: 

Os premios serán entregados en vales de 50€ que irán selados polo CCU. Cada vale deberá ser gastado integramente nunha mesma tenda pero a mesma persoa non poderá gastar máis de 50€ por tenda. O prazo para gastar ese diñeiro finalizará esa mesma noite á 01.30h.

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com