VOLTA AO COLE SOBRE PATÍNS - PISTA DE PATINAXE (Do 7 ao 14 de Setembro)

 

Despois da espectacular acollida de hai tres anos, e tras numerosas peticións por parte de moitos dos nosos asociados e clientes, o CCU volverá traer a pista de patinaxe (ecolóxica) a Monforte entre os días 7 e 14 de setembro para que a "Volta ao Cole" deste ano... vaia sobre patíns!

Para poder gozar da pista, ou dalgunha outra actividade sorpresa (moi atentos ás nosas redes sociais), terás que facer un gasto nalgún dos negocios asociados ao CCU e solicitar o teu ticket desconto de 3€. Presentando o ticket desconto na propia pista poderás gozar desta actividade por só 2€ (podes ver os negocios asociados pincando aquí: www.ccumonforte.com/socios)


Horario:

Mañás: 11.00 a 14.00 horas

Tardes: 16.00 a 22.00 horas



 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com