NOITE BRANCA 2019 (14 de Setembro)

 

Por segunda ocasión este verán, os comercios de Monforte vestirán as súas mellores galas para acoller aos numerosos turistas e veciños que, aproveitando as fermosas noites de verán da capital da Ribeira Sacra, sairán ás rúas de Monforte para gozar dunha noite moi especial.

A Noite Branca é unha festa do comercio eminentemente nocturna na que as tendas asociadas abren en horario especial entre as 20.30h e a 01.30h da madrugada engalanándose e decorando os escaparates segundo a temática desta noite e aproveitando a ocasión para ofrecer aos seus clientes grandes descontos nos seus produtos e servizos.

Ademais, algúns establecementos obsequiarán aos seus clientes e amigos con mesas doces, aperitivos e bebidas para incentivar e contribuír o ambiente festivo.

Nesta ocasión as principais rúas comerciais de Monforte estarán animadas pola empresa Troula Animación e o seu gran pasarrúas "Moulin Rouge"



 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com