NOVO CONVENIO ABANCA 2019

 

 

ABANCA e o CCU de Monforte únense para facilitar o acceso ao crédito e impulsar o comercio local

* A entidade financeira e a asociación de comerciantes buscan unha mellora da competitividade dos negocios actuais e a posta en marcha de novos proxectos

* Os asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos do banco galego

05.02.2019.ABANCA e o Centro Comercial Urbano (CCU) Monforte acaban de renovar a súa colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en de mellorar o acceso ao crédito dos autónomos e pemes da capital da Ribeira Sacra.

A presidenta do CCU Monforte, María José Senra, e o director de zona de ABANCA en Lugo Sur, Iago Conde, rubricaron hoxe na localidade lucense un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial local.

O convenio facilita que os comerciantes da comarca de Terra de Lemos e especialmente de Monforte accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Os asociados poderán contratar produtos como préstamos persoais e hipotecarios, pólizas de crédito, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.

Ademais, o documento asinado pon a disposición deste colectivo de empresarios e autónomos a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APRAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV.

O texto rubricado permite igualmente beneficiarse de liñas de financiamento especial grazas ao Plan Activamos. Así, os asociados poderán dirixirse ás oficinas de ABANCA para solicitar información e financiamento, a través desta liña aberta polo banco e a Deputación de Lugo. Do mesmo xeito, os comerciantes adheridos poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con ICO e IGAPE, así como coa sociedade galega de garantía recíproca Afigal.

Os asociados tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Adicionalmente, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos membros da asociación e darlles unha atención máis personalizada, a entidade poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapte ás necesidades de cada asociado. ABANCA tamén poñerá a disposición deste colectivo o seu servizo de banca a distancia.

O Centro Comercial Urbano Monforte naceu no ano 2003 e o seu obxectivo principal é defender os intereses das empresas e negocios desta área de influenza, así como realizar proxectos orientados a promocionar as actividades que desenvolven na zona. Conta con máis de 150 asociados en toda a localidade e a súa área de influenza. Doutra banda, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Si es una empresa asociada al CCU Monforte, ya puede solicitar los detalles del convenio por alguno de los canales habituales de comunicación con la gerencia de la asociación


 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com