XORNADA INFORMATIVA EN MONFORTE SOBRE AS NOVAS LIÑAS DE AXUDAS PARA COMERCIANTES, AUTÓNOMOS E SECTOR HOSTALERÍA E TURISMO
A solicitude de subvencións sempre xera numerosas dúbidas entre os comerciantes, por iso este ano organizaremos en Monforte, coa colaboración da Xunta de Galicia, unha xornada informativa á que poderán asistir todos os asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte. Será o vindeiro mércores 20 de febreiro a partir das 20.30 horas na sede do CCU (Rúa Zapaterías, nº 1, baixo - torreón do cárcere vello).
Persoal técnico dos distintos departamentos darán a coñecer as liñas fundamentais de acceso a cada unha das axudas que neste momento están en prazo de convocatoria, cunha quenda final para resolver posibles dúbidas dos asistentes.
En principio, a relación de axudas a explicar son:
- IGAPE: Creación de PEMES por novos emprendedores, así como Proxectos de investimento para a ampliación en PEMES xa en funcionamento. Liña de microcréditos e programas de financiación ante problemas puntuais de tesourería. Subvencións para o comercio (modernización, dixitalización, artesanía)
- CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA: Orde de axudas para promoción do emprego autónomo para empresas de nova creación. Orde de axudas para contratación indefinida de persoas asalariadas. Orde de axudas para consolidación de proxectos empresariais.
- GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL: Liña de axudas para financiar proxectos de iniciativas con e sen ánimo de lucro.
- TURISMO DE GALICIA :Plan MAT de mellora de aloxamentos turísticos (actuacións de accesibilidade, modernización, incremento da categoría, mellora de servizos ou aforro enerxético)
- IGAPE - Reforma TUR 2019: Adquisición de materiais para rehabilitación e mellora de hoteis, hoteis balnearios e hoteis talaso, albergues do camiño de Santiago e casas de turismo rural no camiño de Santiago
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!
© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com