CURSO BÁSICO DE INGLÉS COMERCIAL

 

Co obxectivo de mellorar a atención dos comerciantes de Monforte aos clientes estranxeiros que acudan aos nosos establecementos, o CCU organiza desde o 26 de marzo un curso de inglés comercial básico para empresarios e empregados asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte.

Neste curso formarase aos nosos asociados en áreas básicas comúns a todos eles e en casos específicos aos que se poden enfrontar en función das particularidades dos seus propios negocios.

Como dirixirse educadamente aos clientes, encher ficheiros cos datos persoais, atender reclamacións, devolucións e saber dar solucións ou saber como xestionar garantías, billetes regalo, descontos, tarxetas de cliente, etc. serán algúns dos temas que se tratarán durante esta formación técnica.

O curso celebrarase un día á semana durante as próximas 8. Estas son as datas de cada unha das sesións de hora e media de duración:

- Martes e xoves 26 e 28 de marzo

- Martes e xoves 2 e 4 de abril

- Martes e xoves  9 e 11 de abril

- Martes e xoves 16 e 25 de abril (o xoves 18 é festivo e o martes 23 festivo local)

- Martes 30 de abril e xoves 2 de maio

- Martes e xoves 7 e 9 de maio

- Martes e xoves 14 e 16 de maio

- Martes e xoves 21 e 23 de maio


Para garantir unha formación máis personalizada, dividiuse aos asociados participantes en dous grupos:

GRUPO MARTES (13):

Cocinas Dalama, Innova, Mon Come y Sueña, Mimos, Carpe Diem, Galaecia, Agro López, Expendeduría Nº 2, Peques, Santiveri (2), F&M Moda y Piensos Senra.

GRUPO XOVES (14):

Imprenta Fénix, Cafés Conti, Gonzalo Seguros, Doble M, Sabrina Moda, Comercial Llano, Lambetadas, Intimas Lencería, Wash Up, Arenal (2), Gerglocandelana, Calzados Kukin y Colchonería Mayro.


HORARIO:

De 20.30h a 22.00h


UBICACIÓN:

O curso celebrarase nas aulas da academia asociada Campus Lemos:

Rúa Ramón Otero Pedrayo, nº 35 Baixo


 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com