VOLVEN OS "DÍAS AZUIS DO" COMERCIO GALEGO, GAÑA ATA 16.200€ COMPRANDO NO CCU MONFORTE!

 

A campaña “Días Azuis do comercio galego” terá lugar en Monforte entre os días 13 e 26 de maio de 2019 e nela poderán participar todos os clientes dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte.

Entre todas as persoas que compren durante estes días no CCU e que rexistren a súa compra na páxina Web www.diasazuis.com sortearanse 16.200€ en premios (28 tarxetas prepago de Abanca de 300 euros e 52 tarxetas de 150 euros) que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos comerciais de Monforte. O sorteo realizarase ante notario o 29 de maio de 2019.


Participa!

1. Compra nalgún dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte (busca os que teñan a cartelería da campaña, son máis de 140)

2. Fai unha foto ao teu ticket de compra (o cliente debe gardar o seu ticket de compra como xustificante da mesma)

3. Rexistra* a túa compra en www.diasazuis.com (a través de calquera dispositivo electrónico: móbil, tablet, pc, etc.)*


*Coa colaboración do comerciante, sendo él o que rexistre a túa compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios obterás unha participación a maiores para o sorteo


Cantas máis compras fagas no Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU), máis oportunidades terás de conseguir premios. Participa e moita sorte!

Esta campaña é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e Abanca, en colaboración coas federacións provinciais, o Centro Comercial Urbano de Monforte e outras asociacións de comerciantes.


 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com