FASHION NIGHT 2019 (Sábado, 29 Xuño de 2019)

 

Volven as noites temáticas de verán do CCU! O vindeiro sábado 29 de xuño ven a vivir a "Fashion Night 2019" ao Centro Comercial Urbano de Monforte!

Numerosas tendas asociadas ao CCU abrirán esa noite en horario especial, entre as 20.30h e a 01.30h da madrugada, para ofrecer grandes descontos en moitos dos seus produtos. 


Ademais poderedes gozar das seguintes actividades:

1.- III Edición da #StreetFashionMonforte, as exhibicións de moda a pé de rúa. Os horarios e lugares de celebración dos pases de moda serán os seguintes: 

- 20.00h Rúa Cardenal

- 21.00h Rúa Hermida Balado

- 22.00h Rúas Doutor Teijeiro e Comercio

Varios veciños de Monforte e arredores vivirán a experiencia de ser modelos por un día desfilando coas prendas e complementos cedidos por varias das tendas asociadas ao Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU).

Se queres participar no casting do mércores 26 de xuño ás 20.30 horas na Rúa Cardenal (zona peonil), podes apuntarte aquí

 

2.- II Choiva de Globos con Premios - Este ano máis globos e... máis cartos!

750€ choverán esa noite sobre os asistentes para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte!

A partir das 23.15h, 1.000 globos "choverán" sobre a Praza de España repartindo varios premios, sete deles en metálico (un de 250€, un de 150€, dous de 100€ e 3 de 50€)

AVISO:

Os premios serán entregados en vales de 50€ que irán selados polo CCU. Cada vale deberá ser gastado integramente nunha mesma tenda pero a mesma persoa non poderá gastar máis de 50€ por tenda. O prazo para gastar ese diñeiro finalizará esa mesma noite á 01.30h.


 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com