VOLVE A TIROLINA DO CCU E, ESTE ANO, CON SORPRESAS (Do 22 de Xullo ao 5 de Agosto)
Es un adicto/a as emocións fortes? Gustaríache saber que sente o teu corpo suspendido a varios metros de altura? Pois compróbao ti mesmo na tirolina que instalará o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU) na Praza Campo da Compañía. Ademais, tamén poderás gozar dun rocódromo e dun circuíto de obstáculos.
Con esta atracción turística en Monforte de Lemos, o CCU espera compracer aos nosos clientes máis aventureiros do 22 de xullo ao 5 de agosto. Este ano 15 días de pura adrenalina no corazón da Ribeira Sacra!
COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?
Sendo unha actividade organizada polo comercio asociado de Monforte coa finalidade de premiar aos seus clientes, as entradas só se poderan conseguir facendo unha compra mínima de 10€ nalgún dos 150 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte ( pica aquí para ver os negocios asociados ao CCU). Cada entrada só dará acceso gratuíto a unha das actividades: tirolina, rocódromo, circuito de obstáculos ou... a alguna das actividades sorpresa que haberá este ano, ti escolles!
Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalemos entradas entre os/as nosos/as seguidores/as e onde poderedes coñecer as actividades sorpresa que haberá este ano!
PROTOCOLO COVID-19
Seguindo as recomendacións sanitarias, será obrigatorio o uso de máscara e cumprir con todas as instrucións que indiquen os membros do staff á hora de gozar destas actividades.
HORARIO
A tirolina, o rocódromo e o circuíto de obstáculos estarán abertos ao público no seguinte horario:
- Mañás: de 10.00h a 13.00h
- Tardes/Noites: de 19.00h a 24.00h
(Irase informando do horario das actividades sorpresa nas nosas redes sociais)
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!