WEB GRATIS PARA OS SOCIOS DO CCU MONFORTE

 

Grazas ao convenio alcanzado recentemente coa Deputación de Lugo para este ano 2020, as empresas asociadas ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte poderán beneficiarse da creación dunha páxina Web con tenda en liña totalmente gratis. Os asociados que se queiran beneficiar deste novo servizo da asociación non terán que solicitar ningún tipo de subvención, simplemente deberán poñerse en contacto coa xerencia do CCU e solicitalo.


As Webs serán desenvoltas por Grupo Aulario Athenea, a través da súa sección " By 27400. com", empresa asociada ao CCU con ampla experiencia e que xa se encarga, entre outras, do desenvolvemento da páxina Web desta asociación.

O custo deste servizo será totalmente gratuíto para os asociados durante o primeiro ano, o segundo, terceiro e cuarto ano só pagarán 139€ (+ IVE) ao ano polo aloxamento e dominio Web (desconto aproximado dun 60%) a condición de que sigan sendo socios do Centro Comercial Urbano de Monforte.


REQUISITOS PARA PODER BENEFICIARSE DE ESTE CONVENIO

1. Ser socio do Centro Comercial Urbano de Monforte
2. Estar ao día nos pagos das cuotas da asociación
3. Firmar un contrato co Grupo Aulario Athenea onde a empresa asociada comprométese a facilitar toda a información e o material necesario para a creación e desenvolvemento da páxina Web


QUE SE OFRECE

A creación dun destes dous tipos de páxinas Web totalmente gratis:

- Páxina Web con Tenda Online
- Páxina Web sen tenda online (por exemplo, catálogo de produtos, etc.)


PRAZOS

O prazo para solicitar este servizo finalizará o próximo día 1 de decembro de 2020 e non se admitirán máis solicitudes pasada esa data. O desenvolvemento das páxinas Webs empezará no momento que así se soliciten e deberán estar finalizadas e entregadas a principios do mes de marzo de 2021

 


AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com