I Congreso de Centros Comerciais Abertos e Urbanos de Galicia(Do 10 ao 11 de Marzo)

A dinamización comercial ante a nova normalidade


A crise derivada da covid-19 está a supoñer un reto sen precedentes para o comercio local. Os centros comerciais abertos tiveron que buscar novas fórmulas de dinamización comercial para adaptarse aos cambios nos hábitos de consumo e os protocolos sanitarios esixidos para facer fronte a pandemia. Co obxectivo de compartir estas experiencias e descubrir distintas iniciativas que se están desenvolvendo dento e fóra de Galicia, os próximos días 10 e 11 de marzo terá lugar o primeiro Congreso Galego de CCAs e CCUs. O evento, en formato online (a través da plataforma Zoom), acollerá relatorios de expertos e mesas redondas nas que intervirán representantes de varias zonas comerciais urbanas de Galicia, País Vasco, Canarias ou Portugal.

Este primeiro Congreso está organizado polo Arteixo Centro Comercial Aberto, que exercerá de anfitrión, en colaboración coa Asociación Galega de Xerencia de Centros Comerciais Abertos da que forma parte o Centro Comercial Urbano de Monforte


INSCRICIÓNS

O Congreso é gratuíto. Para asistir só será preciso enviar un correo a congreso@agaxecca.gal antes do 9 de marzo ás 23.59 co nome completo, entidade da que se provén -de ser o caso- e teléfono de contacto


PROGRAMACIÓN

Mércores 10

            16.00h Apertura con autoridades

            16.45h PROXECTO Como vender a distancia, utilizando as Redes Sociais. Ana Mesías Díaz - Xerente de Nayma Moda Mujer

            17.15h RELATORIO Ecommerce e marketplace para o pequeno comercio e os CCA: saída, perdición ou burbulla? Javier Rocamora, Consultor en marketing online e estratexia en Las 3 en punto

            18.30h RELATORIO Liña de subvencións para Centros Comerciais Abertos e Urbanos da Xunta de Galicia: dúbidas e optimización do proceso. Persoal técnico Xunta de Galicia

Xoves 11

            9.30h PROXECTO Campañas de éxito na dinamización dos últimos anos: “El Juego de Vitoria-Gasteiz” e o “Mercado de la Almendra”. Patricia García Xerente de Gasteiz On (Vitoria-Gasteiz)

10.00h MESA REDONDA A adaptación urbana para fortalecer o comercio, experiencias e testemuñas dos comercios afectados.Anabel Gulías, Concello de Pontevedra; Ernesto Filgueira, Ex-Presidente Pontevedra Zona Monumental;Carlos Bethencurt, Presidente de Zona Triana

            11.15hRELATORIO Adaptación das entidades comerciais á nova normalidade, o papel das administracións e a experiencia da cooperación Chaves-Verín(Eurocidade). Vitor Pimentel; Presidente na ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega)

            12.00h DESCANSO

            12.15h PROXECTO A especialización e a venda multicanal no pequeno comercio. Tatiana Pérez, fundadora de Tea Bridge London

12.45h MESA REDONDA Estratexia pública para a reactivación do consumo no pequeno comercio, hostalaría e servizos. Experiencias de políticas de incentivo dasvendas. Xunta de Galicia, Emma Cid, Conselleira Técnica do Concello da Coruña; Patricia García Xerente de Gasteiz On (Vitoria-Gasteiz).

           14.00h COMIDA

           16.00h RECONEXIÓN

           16.15h RELATORIO Adaptación das entidades comerciais á nova normalidade. O papel da administración pública e a importancia da dixitalización.Rui Marques, Director Xeral da Associação Comercial de Braga.

            17.00h MESA REDONDA Cara onde van os CCAs/CCUs, financiación pública e propostas para fortalecer as entidades. Xosé Regueira, Concello de Carballo, Blas Piñeiro. Deputación da Coruña;Xunta de Galicia; José Ángel Blanco, Xerente de Compostela Monumental.

            18.30 Clausura con autoridades

 


 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com