GYMKHANA DE 70 METROS E JUMPING ACROBÁTICO (Do 24 ao 28 de Agosto). Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia
Gústanche as emocións fortes? Pois este verán o Centro Comercial Urbano (CCU) trae por primeira vez a Monforte de Lemos dúas actividades
que farán gozar aos nosos clientes máis aventureiros. Será na Praza da Compañía, entre o 24 e o 28 de Agosto (5 días).
A GYMKHANA DO CCU
70 metros de inchables con 7 obstáculos diferentes: tobogán caída libre, habilidade, reptar, dificultade, escalada con tobogán, whipeout e mini rocódromo.
Idades aptas: de 5 a 99 anos*
*A idade mínima de 5 anos dependerá da constitución do neno e da valoración dos monitores
JUMPING ACROBÁTICO
4 camas elásticas de 3 metros de diámetro con gomas e arneses de seguridade.
Idades aptas: de de 3 a 99 años
Actividades cofinanciadas pola Xunta de Galicia. Colabora Concello de Monforte
COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?
Sendo actividades organizadas polo comercio asociado de Monforte coa finalidade de premiar aos seus clientes e dinamizar o comercio local, as entradas só se poden conseguir facendo unha compra mínima de 10€ nalgún dos 155 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte (pica aquí para ver os negocios asociados ao CCU). Cada entrada dá acceso gratis a unha actividade, GymKhana ou Jumping Acrobático, ti decides! (1 compra = 1 entrada)
Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalemos entradas entre os/as nosos/as seguidores/as!
HORARIO
Tanto a Gymkhana como o Jumping Acrobático, estarán abertos ao público no seguinte horario:
- Mañás: de 11.00h a 14.00h
- Tardes/Noites: de 18.00h a 23.00h
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!