VOLTA AO COLE 2022 (10 e 11 de Setembro). Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia

 

Este ano, a Volta ao Cole máis divertida... poderala vivir no Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte! 
 
A asociación de comerciantes montará na Praza da Compañía un Parque Infantil con divertidos inchables e outras sorpresas! Serán os días 10 e 11 de setembro. Entre as distintas actividades que poderán gozar os máis peques, e non tan peques, estarán: un touro mecánico, un futbolín humano, unha diana, o pau tolo, varredora e moitas máis sorpresas.
 
COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?
Nesta ocasión non haberá entradas como tal, as entradas serán os propios tickets de compra dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte (pica aquí para ver os negocios asociados ao CCU). Para poder acceder a algunha das atraccións do Parque Infantil do CCU, haberá que presentar un ticket de compra de 10 ou máis euros e só serán válidos con data do 1 de setembro ou posterior.
Cada ticket dará acceso a unha das actividades, ti escolles! (1 ticket = 1 actividade)

Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalemos pases entre os/as nosos/as seguidores/as!
 
HORARIO
As actividades do Parque Infantil do CCU, estarán abertas ao público no seguinte horario*:

- Mañás: de 11.00h a 14.00h
- Tardes/Noites: de 17.00h a 21.00h
 
*Este horario podería verse modificado sen aviso previo en función das condicións meteorolóxicas

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com