O Veránpark do CCU: diversión e moita, moita auga. 22 e 23 de Xullo. Subvenciona Concello de Monforte

 

Mergúllache na diversión co novo Parque Acuático do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte!  Será os próximos días 22 e 23 de xullo na Praza da Compañía de Monforte, ambos os dous días en horario de tarde, entre as 17.00h e as 21.00h. Sen dúbida, unha das mellores experiencias deste verán 2023 na Ribeira Sacra!
 
 
ACTIVIDADES
 
MEGA DESLIZADERA
Deslizadera inchable de 40 metros de lonxitude e 11 metros de altura. A partir dos 5-6 anos de idade (dependendo da constitución do neno) en diante
 
TOBOGÁN CON DESLIZADERA
Inchable con escaleira, tobogán con deslizadera e acabado en piscina. 24 metros de lonxitude e 6,5 metros de altura. Rango de idade: desde 2 - 3 anos (dependendo da constitución do neno)
 
TOBOGÁN ROCÓDROMO CON PISCINA
Inchable de auga formado por 2 partes: escalada e tobogán máis piscina. 4 metros de altura e 12 de lonxitude. Rango de idades: desde os 2 - 3 anos (dependendo da constitución do neno)
 
TOBOGÁN DE AUGA 1
Inchable con escaleira, tobogán e terminación en piscina. 5 metros de altura e 9 de lonxitude. Rando de idades: desde os 3 anos (dependendo da constitución do neno)
 
TOBOGÁN DE AUGA 2
Inchable con escaleira, tobogán e terminación en piscina. 5 metros de altura e 9 de lonxitude. Rando de idades: desde os 3 anos (dependendo da constitución do neno)
 
INCHABLE LUDOTECA
Inchable para albergar a Festa Holi e Festa da Escuma. 12 x 12 metros. Rango de idades: todas as idades
 
FESTAS HOLI E DA ESCUMA
 
 
COMO PODO CONSEGUIR A MIÑA ENTRADA?
 
A entrada ao Parque Acuático do CCU será de 25€. Os clientes dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte, poderán acceder por só 3€ presentando un ticket de compra dalgún establecemento asociado por un importe mínimo de 7€ (Só serán válidos os tickets de compra con data do 1 de xullo ou posterior). A entrada dá acceso a gozar das distintas actividades durante aproximadamente 1 hora.
 
Haberá quendas aproximadamente cada hora que se completarán ao chegar ao tope do aforo. Pasada a hora, haberá que abandonar o recinto para deixar paso a unha nova quenda.
 
 
HORARIO
 
Datas: Sábado 22 e domingo 23 de xullo

Horario: de 17.00h a 21.00h (Quendas de 1 hora cada hora, aproximadamente)

 

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2023 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com