VOLVEN AS OPORTUNIDADES DE VERÁN DO CCU! (19 e 20 de agosto de 2023)

 

Un ano máis, volven As Oportunidades de Verán do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte, será a fin de semana do 19 e 20 de agosto (sábado e domingo) na Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos.

As 11 tendas asociadas que participan nesta ocasión; Mimos, Cactus Rose, Mercería Carmen, Centro Óptico Susana Wirz, Sapitos y sirenas, Carpe Diem, Da Nosa Terra, F&M Moda, Chus Boutique, Sabrina Moda e Ada Home, ofrecerán grandes descontos de fin de tempada superando nalgúns casos o 70% en moda, calzado, bebé, complementos, óptica, decoración, mercería e agasallo.
 
Este ano ademais haberá unha sorpresa para os máis peques, moi atentos ás nosas redes sociais!
 
Horario:
Sábado 19 agosto:
- Mañá: 10.00h a 14.00h
- Tarde: 18.00h a 21.00h
 
Domingo 20 agosto:
- Mañá: 11.00h a 14.00h
- Tarde: 18.00h a 20.00h
 
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia. Colabora Concello de Monforte

 

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2023 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com