O NADAL DO CCU 2024
Grazas ao comercio asociado de Monforte... volve un clásico do Nadal na capital da Ribeira Sacra!
Volven as visitas a Papá Noel no Tren do CCU!!! Se es cliente do Centro Comercial Urbano de Monforte, os días 22, 23 e 24 de decembro, poderás visitar a Papá Noel no Tren do CCU, só tes que presentar tickets de compra dalgún dos establecementos asociados por un importe mínimo de 10 euros!
Estes tickets de compra, válidos con data do 1 de decembro ou posterior, dan acceso, por orde de chegada e ata que se esgoten as prazas, a un adulto acompañado de dous nenos como máximo (só poderán acceder adultos sen nenos no caso de que algunha das viaxes non se complete).
RUTAS PARA VISITAR A PAPÁ NOEL NO TREN DO CCU
Saídas e chegadas, sempre desde "As Casitas" (A Compañía)
DOMINGO 22 DE DECEMBRO
- Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h. Rutas para visitar a Papá Noel nos Chaos
- Tarde: saídas ás 16.30h, 17.30h e 18.30h. Rutas para visitar a Papá Noel no Barrio do Hostipal (xunto ao Mercadona)LUNS 23 DE DECEMBRO
- Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h. Rutas para visitar a Papá Noel no Barrio de Carude
- Tarde: saídas ás 16.30h, 17.30h e 18.30h. Rutas para visitar a Papá Noel na Avda. de Galicia (fronte aos Xulgados)MARTES 24 DE DECEMBRO
- Mañá: saídas ás 11.00h, 12.00h e 13.00h. Rutas para visitar a Papá Noel na Compañía (xunto ao Bar Cristal)
- Tarde: saída única ás 17.00h. Ruta para visitar a Papá Noel na Rúa Cardenal (xunto ao Banco Santander)LOCALIZACIÓN DE PAPÁ NOEL E HORARIOS (VISITAS SEN TREN)
DOMINGO 22 DE DECEMBRO
- Tarde: Papá Noel estará de 17.00h a 19.30h no Barrio do Hospital (xunto ao Mercadona)
LUNS 23 DE DECEMBRO
- Mañá: Papá Noel estará de 11.30h a 14.00h na Praza de Carude
- Tarde: Papá Noel estará de 17.00h a 19.30h na Avda. de Galicia (fronte aos Xulgados)
MARTES 24 DE DECEMBRO
- Mañá: Papá Noel estará de 11.30h a 14.00h na Compañía (xunto ao Bar Cristal)
- Tarde: Papá Noel estará de 16.30h a 19.00h na Rúa Cardenal (xunto ao Banco Santander)
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!