FESTA FIN DE CURSO 2025. DESCONECTA CO CCU!
Sábado 21 de xuño | Praza da Compañía | 11.00h a 14.00h e de 17.00 a 20.00h
Este sábado 21 de xuño a Praza da Compañía énchese de alegría, diversión e xogo coa Festa Fin de Curso 2025, organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte. Un plan perfecto para celebrar o final das clases en familia e desconectar das pantallas cunha xornada de lecer 100% gratuíta e pensada para todas as idades.
Para acceder ás actividades, tan só precisas presentar tickets de compras realizadas nos establecementos asociados ao CCU por un importe mínimo de 10€, válidos con data do 26 de maio ou posterior. Podes acumular varios tickets para chegar aos 10€, así que... canta máis compras, mellor!
Actividade organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte, cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Comercial (REDIC). Colabora Concello de Monforte.

QUE VOS ESPERA?
🎲 Máis de 20 xogos tradicionais de madeira para todas as idades, esta zona será un espazo para xogar en familia e recuperar o espírito dos xogos de sempre.
🎈 3 inchables espectaculares:
Candy: con tobogán e zona de salto, ideal para os máis pequenos.
Barco Pirata: un inchable xigante con escaleiras, obstáculos e moita aventura.
Pop Run: un circuíto de obstáculos para poñer a proba a axilidade dos nenos e nenas.
💦 Festa da Espuma
Como peche da xornada, prepárate para unha explosión de diversión coa nosa festa máis refrescante. Espuma, música e moitas risas para despedir o día por todo o alto.

Desconecta das pantallas, volve xogar, goza en familia e celebra o verán co CCU de Monforte. Non faltes!
📍 Lugar: Praza da Compañía
📅 Data: Sábado 21 de xuño
🕒 Horario: de 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 20.00h
🎟 Acceso: Presentando tickets de compra do comercio asociado por importe mínimo de 10€ (válidos desde o 26 de maio)
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!