OBXECTIVOS
Entre os obxectivos do Centro Comercial Urbano de Monforte destacan os seguintes:
- Defensa da zona comercial de Monforte, especialmente dos intereses dos seus asociados.
- Dinamización da actividade comercial e prestación de servizos que axuden á mellora, optimización e modernización dos seus negocios.
- Potenciar a marca CCU Monforte, vinculada á calidade e bo servizo dos seus establecementos, para competir con outras ofertas comerciais.
- Contribución á mellora social e económica da nosa cidade en beneficio de todos os nosos veciños e turistas.
SERVIZOS
O Centro Comercial Urbano de Monforte ofrece unha ampla gama de servizos aos seus asociados entre os que destacan:
- Oficina de atención ao asociado, aberta de luns a venres, con punto de acceso a Internet.
- Participación gratuíta nas campañas de animación e promoción comercial organizadas ou vinculadas a esta asociación.
- Subministración de información periódica de interese (subvencións, liñas de finanzamento, normativa, novidades en lexislación, calendario laboral, etc.)
- Asesoramento
- Interlocución e xestións ante a Administración
- Promoción de produtos e servizos a través das nosas canles nas Redes Sociais, Páxina Web e Catálogo Online.
- Posibilidade de acollerse a convenios asinados polo CCU (entidades bancarias, medios de comunicación, transporte, etc.)
- Formación específica (cursos e xornadas técnicas e informativas)
- Presentación de empresas (os asociados poden ofrecer os seus servizos ao resto do colectivo e presentar ofertas ou descontos)
- Promoción gratuíta na prensa local con anuncios conxuntos dos asociados participantes nas distintas actividades organizadas por esta asociación.
- Subministración periódica de material promocional
- Integración na Federación Galega de Comercio como asociado ao CCU Monforte
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!