O SAN VALENTÍN DO CCU (Do 1 ao 11 de Xaneiro)

A campaña "O San Valentín do CCU" é unha iniciativa do Centro Comercial Urbano de Monforte, asociación que conta con 150 negocios asociados na actualidade.

Nesta campaña poderán participar todos os clientes que fagan unha compra ou contraten un servizo nalgún dos establecementos asociados ao centro comercial urbano  entre o 1 e o 11 de febreiro.

Entre os clientes que participen na campaña, sortearanse 4 " Packs Especiais San Valentín" compostos por ceas para dúas persoas, peiteados e maquillaxes para unha persoa e copas/cócteles ou almorzos para dúas persoas (ver packs ao final do texto).

Como participar na campaña:

1. Fai unha compra ou contrata un servizo nalgún dos establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte
2. Saca unha foto ao ticket de compra ou factura
3. Rexistra a compra e sobe a foto do ticket ou factura á Web: www.ccumonforte.com/sanvalentin 

Os gañadores dos premios serán contactados polo CCU Monforte para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Ademais, os gañadores do sorteo publicaranse nas redes sociais e páxina Web do CCU unha vez finalizada a campaña.

BASES DA CAMPAÑA

1) Esta campaña promocional iniciarase en data de 1 de febreiro de 2020 e rematará o 11 de febreiro de 2020 (ambas datas engadidas), e o seu ámbito é o Centro Comercial Urbano de Monforte de Lemos, podendo participar todos os consumidores/clientes dos establecementos asociados, segundo a mecánica de funcionamento detallada.

2) O obxectivo fundamental da campaña é a dinamización comercial dos establecementos asociados ao CCU Monforte premiando con este sorteo aos clientes que aposten por comprar nas datas indicadas nalgún dos negocios asociados e que participen na campaña.

3)  O SORTEO terá lugar o 12 de febreiro de 2020, de xeito telemático, mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre todos os participantes, ata rematar a totalidade dos premios dispoñibles para sortear nesta campaña.

4)  Só serán válidos os tickets/facturas de compra de establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte con data do 1 ao 11 de febreiro de 2020.

5) Non poderán participar con tickets do propio establecemento os seus responsables, cónxuxes, familiares en liña ascendente ou descendente, nin os seus empregados.

6) Todos os premios deberán disfrutarse o venres día 14 de febreiro de 2020

PACKS ESPECIAIS SAN VALENTÍN

 


 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com