COMPRAR NO CCU TEN PREMIO DIRECTO (Do 5 de marzo ao 15 de abril)

Desde o 5 de marzo, e ata o próximo 15 de abril, os teus pasos polo comercio local terán premio grazas ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte. 39 negocios asociados ao CCU poñerán en circulación máis de 4.500 vales agasallo para premiar de forma directa a fidelidade dos seus clientes. 

COMO GAÑAR UN DESTES PREMIOS?

1º Busca os establecementos coa cartelería da campaña (ver máis abaixo)

2º Fai unha compra ou contrata un servizo

3º Solicita o teu vale agasallo

Cada un dos 39 negocios participantes nesta campaña terán á súa disposición máis de 100 vales agasallo para repartir entre os seus clientes a condición de que realicen unha compra ou contraten un servizo. Os vales entregaranse ata o día 15 de abril, data de finalización da campaña, ou en caso de esgotarse antes nalgún dos establecementos asociados, ata fin de existencias.

Entre os premios que recibirás de forma directa pola túa compra poderás atopar agasallos, vales desconto, matrículas gratuítas e moito máis. Comprar no Centro Comercial Urbano de Monforte ten premio!

 

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES E CARTEL DA CAMPAÑA

Intersport Bouso, Santiveri, Lambetadas, Party Globos, Bazar Caurel, Peluquerías Bolboreta, Infocopy, Náyades, Dos Pies Zapatería, F&M Moda, Carpe Diem, Kukin Calzado Infantil, Lencería Intima's, Zalo, Peluquería Princess, Restaurante Manuel Bistró, Colorín Colorado, Agro López, Miruxa, Wellness Area, Alain Afflelou, La Flor de la Vida, Colchonería Mayro, Escola de Música Moderna, Imprenta Librería Fénix, Contos, Piensos Senra, Calzados Aira, Electroclima Cereixa, Quitapenas, Aulario Athenea, Bazar Lago, El Rincón de Ariadna, Muebles La Talla, Airvelec IMD, Centro Óptico Susana Wirz, Terras de María Castaña, Librería Papelotes, Mimos.

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com