AUTOCINE LEMOSÍA DO CCU 2020 (28, 29 e 30 de Agosto)
Dentro das diversas campañas de dinamización comercial que se levan a cabo desde o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU), este ano volvemos apostar por unha actividade totalmente inédita en Monforte de Lemos, como no seu día fórono a Pista de Patinaxe ou o Parque Multiaventura, por exemplo.
Ata fin de existencias, os clientes que fagan un gasto mínimo de 15€ nalgún dos establecementos asociados ao CCU poderán vivir a experiencia dun Autocine, por primeira vez en Monforte.
Será a fin de semana do 28, 29 e 30 de agosto no aparcadoiro do Parque dos Condes.
XA TES O CÓDIGO NECESARIO PARA RESERVAR A TÚA PRAZA?
As prazas son limitadas!, así que pica xa no botón que verás a continuación e asegura canto antes a túa praza no Autocine:
RESERVA XA A TÚA PRAZA NO AUTOCINE!
Se ten algunha incidencia coa reserva de praza contacte con: soporte@emesports.es
AÍNDA NON TES O CÓDIGO NECESARIO PARA RESERVAR A TÚA PRAZA? ASÍ O PODES CONSEGUIR!
- Se es cliente do Centro Comercial Urbano de Monforte e fixeches un gasto de polo menos 15€ nalgún dos establecementos asociados poderás solicitar o teu código de reserva de praza (Ata fin de existencias. Cada negocio asociado contará con 25 códigos para repartir entre os seus clientes)
- Unha vez teñas o teu código, entra canto antes en www.ccumonforte.com/autocine e fai a túa reserva. As prazas son limitadas, 100 por película, se deixas para última hora é probable que quedes sen sitio, reserva xa!
IMPORTANTE:
- Os códigos necesarios para reservar a túa praza non dan acceso directo ao Autocine, só serven para facer a reserva.
- Se chegaches tarde a facer a túa reserva, non tires o código! Poderás usar ese mesmo código para tentar reservar praza para outra película a condición de que queden prazas dispoñibles
CARTELERA
VENRES 28 DE AGOSTO:
20.15h GREASE. Ano 1978 (Valoración en IMDb: 7,2)
23.15h O QUE ARDE. Ano 2019 (Valoración en filmaffinity: 7)
Aberto o prazo para reserva de prazas para estas películas desde o martes 11 de agosto
SÁBADO 29 DE AGOSTO:
20.15h MASCOTAS 2. Ano 2019 (Valoración en IMDb: 6,5)
23.15h PARÁSITOS. Ano 2019 (Valoración en filmaffinity: 8)
Aberto o prazo para reserva de prazas para estas películas desde o martes 18 de agosto
DOMINGO 30 DE AGOSTO:
20.15h SPIDERMAN (LEJOS DE CASA). Ano 2019 (Valoración en IMDb: 7,5)
23.15h ÉRASE UNA VEZ HOLLYWOOD. Ano 2019 (Valoración en filmaffinity: 7,1)
Aberto o prazo para reserva de prazas para estas películas desde o luns 24 de agosto
Ven a Monforte de Lemos, compra no comercio local e… vive unha experiencia de película!
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!