VOLVEN OS KARTS A PEDAIS E A TIROLINA DO CCU, ESTE ANO (x2) DOBRE!!! (Do 19 de xullo ao 2 de agosto)

 

Es un adicto/a as emocións fortes? Gustaríache saber que sente o teu corpo suspendido a varios metros de altura? Pois compróbao ti mesmo na Tirolina (x2) DOBRE  que instalará o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU) na Praza Campo da Compañía. Ademais, tamén poderás gozar duns divertidos Karts a pedais.


Con esta atracción turística en Monforte de Lemos, o CCU espera compracer aos nosos clientes máis aventureiros entre o 19 de xullo e o 2 de agosto. Este ano, outros 15 días de pura adrenalina no corazón da Ribeira Sacra!


COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?

Sendo unha actividade organizada polo comercio asociado de Monforte coa finalidade de premiar aos seus clientes e dinamizar o comercio local, as entradas só se poden conseguir facendo unha compra mínima de 10€ nalgún dos 155 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte (pica aquí para ver os negocios asociados ao CCU)Cada entrada só dá acceso gratis a unha actividade, Tirolina ou Karts a pedais, ti escolles!

Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalemos entradas entre os/as nosos/as seguidores/as!


PROTOCOLO COVID-19

Seguindo as recomendacións sanitarias, será obrigatorio o uso de máscara e cumprir todas as instrucións que indiquen os membros da organización.


HORARIO

A Tirolina dobre e os Karts a pedais, estarán abertos ao público no seguinte horario:

- Mañás: de 10.00h a 13.00h
- Tardes/Noites: de 19.00h a 24.00h

 


 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com