O NADALPARK DO CCU E VISITA DE PAPÁ NOEL A MONFORTE (Do 22 ao 24 de decembro). Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Por primeira vez en Monforte de Lemos, os peques e non tan peques poderán gozar do NADALPARK DO CCU, un divertido Parque Infantil de Nadal organizado polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte. Estará aberto do 22 ao 24 de decembro no Pavillón do Colexio Ferroviario. Ademais, o sábado 24 de decembro, recibiremos en Monforte a visita de Papá Noel na Rúa Cardenal.
 
O NADALPARK DO CCU
 
A ilusión polo Nadal dos máis peques das familias será a principal protagonista os días 22, 23 e 24 de decembro no Pavillón do Colexio Ferroviario de Monforte. O CCU ofrecerá durante esta primeira edición do Nadalpark unha chea de propostas de diversión e aprendizaxe: inchables variados, xogos populares, talleres de robótica, touro mecánico, conta contos, chocolatada e moitas outras sorpresas que só as familias asistentes poderán descubrir. 
 
Horarios e programación
 
XOVES 22 DE DECEMBRO
Horario de tarde de 16.00h a 20.00h. Ademais dalgunha sorpresa, poderase gozar de 8 atraccións diferentes, talleres de robótica e haberá carriño de flocos de millo.
 
VENRES 23 DE DECEMBRO
Horario de mañá de 10.00h a 14.00h e pola tarde de 16.00h a 20.00h. Ademais dalgunha sorpresa, poderase gozar de 9 atraccións diferentes, talleres de chapas personalizadas e haberá unha gran chocolatada con doces.
 
SÁBADO 24 DE DECEMBRO
Horario de mañá de 10.00h a 14.00h. Ademais dalgunha sorpresa, poderase gozar de 9 atraccións diferentes e haberá un carriño de algodón doce.
 
Como podo conseguir a miña entrada para acceder ao recinto do Nadalpark do CCU?
 
A entrada ao recinto do Nadalpark, durante unha sesión de 4 horas, será de 10€.
 
Aqueles que presenten tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe de 9€ ou máis, só pagarán 1 euro para acceder ao recinto (Só serán válidos tickets de compra con data do 1 de decembro de 2022 ou posterior).
 
 
VISITA DE PAPÁ NOEL A MONFORTE
 
Papá Noel visitará Monforte de Lemos o vindeiro sábado día 24 de decembro. Estará na Rúa Cardenal xunto á árbore de luces de Nadal e estará acompañado polos seus renos e trineo, un elfo e o seu buzón máxico onde os máis pequenos poderán entregar a súa carta. Vendo o parte meteorolóxico, é moi probable que durante a visita de Papá Noel haxa intensas nevadas, así que vide preparados...
 
Horario
De mañá de 11.00h a 14.00h e pola tarde de 16.00h a 18.00h.

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2022 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com