VOLVEN A MONFORTE OS KARTS A PEDAIS E A TIROLINA DOBRE DO CCU!!! (Do 24 de Xullo ao 2 de Agosto)

 

Es un adicto/a as emocións fortes? Pois este verán o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU) volve traer dúas actividades
que farán vivir emocións fortes aos nosos clientes máis aventureiros, será entre o 24 de Xullo e o 2 de Agosto na Praza da Compañía.

KARTS A PEDAIS DO CCU 
Gústache conducir? Pois date o gustazo de manexar un dos nosos divertidos Karts a pedais nun marco incomparable. Do 24 de Xullo ao 2 de Agosto. Actividade apta para nenos e adultos. Os máis pequenos terán a posibilidade de ir acompañados dun adulto nalgún dos nosos Karts con praza dobre.

Actividade cofinanciada por REDIC - Rede de dinamización comercial da Xunta de Galicia. Colabora Concello de Monforte.


TIROLINA DOBRE E ROCÓDROMO DO CCU
Gustaríache saber que sente o teu corpo suspendido a varios metros de altura? Pois compróbao ti mesmo na TIROLINA DOBRE que instalará o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU) na Praza do Campo da Compañía. Tamén poderás gozar da escalada sen necesidade de desprazarse ata a montaña no noso Rocódromo. Do 24 de Xullo ao 2 de Agosto. Actividade apta para adultos e nenos a partir de 4 anos.

Actividade cofinanciada polo Concello de Monforte.

Ven a Monforte de Lemos e vive 10 días de pura adrenalina na capital da espectacular Ribeira Sacra!

COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?
Sendo unha actividade organizada polo comercio asociado de Monforte coa finalidade de premiar aos seus clientes e dinamizar o comercio local, as entradas só se poden conseguir facendo unha compra mínima de 10€ nalgún dos 155 establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte (pica aquí para ver os negocios asociados ao CCU)Cada entrada dá acceso gratis a unha actividade, Tirolina, Rocódromo ou Karts a pedais, ti escolles!

Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalemos entradas entre os/as nosos/as seguidores/as!


HORARIO
Tanto os Karts a pedais, como a Tirolina dobre e o Rocódromo, estarán abertos ao público no seguinte horario:

- Mañás: de 10.00h a 13.00h
- Tardes/Noites: de 19.00h a 24.00h

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com