NOITE HIPPIE DO CCU 2022 (Sábado 30 Xullo de 2022). Campaña cofinanciada pola Xunta de Galicia

 

Seguen as noites temáticas de verán do CCU! O vindeiro sábado 30 de Xullo, ven a vivir a Noite Hippie ao Centro Comercial Urbano de Monforte!

Numerosas tendas asociadas ao CCU abrirán esa noite en horario especial, entre as 20.30h e a 00.30h da madrugada, ofrecendo algunhas delas: descontos, mesas doces e decoración especial.

MÚSICA NA RÚA

Desde as 19.00h Baturruka Monforte encargarase de ambientar as principais rúas comerciais de Monforte. Ademais, un DJ animador acompañaranos na Praza de España desde as 20.30h

Horarios:
- Baturruka Monforte: de 19h a 20h / de 20.30h a 21.30h / de 22h a 23h
- DJ animador: de 20.30h a 00.30h

PREMIOS DIRECTOS POR COMPRAS. 21.45h, Praza de España

As primeiras 100 persoas que se presenten ás 21.45 horas na carpa que montaremos na Praza de España con 2 tickets de compra (deben ser de diferentes  establecementos asociados ao CCU e a suma do importe dos 2 tickets debe ser igual ou superior a 50€), recibirán un agasallo cortesía da Xunta de Galicia e do CCU de Monforte. SÓ SERÁN VÁLIDOS TICKETS DE COMPRA CON DATA 30 DE XULLO DE 2022 (é dicir, tickets de compras feitas ese mesmo día en polo menos dous negocios diferentes)

Ata fin de existencias, tamén recibirán un cucurucho de palomitas.

E, ademais...

PODERÁN GAÑAR ATA 750€ EN PREMIOS DIRECTOS PARA GASTAR ESA MESMA NOITE NOS ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS

Todas as persoas que se presenten ás 21.45h na nosa carpa da Praza de España, e que cumpran o requisito de presentar 2 tickets (deben ser de diferentes negocios asociados ao CCU) que sumen entre os dous polo menos 50€ (só serán válidos tickets con data 30 de Xullo de 2022), tamén poderán gañar ata 750€ para gastar esa mesma noite, ata fin de existencias.

OS PREMIOS SERÁN:

1 de 250€ (5 vales de 50€, para gastar en 5 tendas diferentes, antes das 00.30h)
1 de 150€ (3 vales de 50€, para gastar en 3 tendas diferentes, antes das 00.30h)
2 de 100€ (2 vales de 50€, para gastar en 2 tendas diferentes, antes das 00.30h)
3 de 50€ (1 vale de 50€, para gastar nunha mesma tenda, antes das 00.30h)

AVISO!

Os premios serán entregados en vales de 50€. Cada vale deberá ser gastado integramente nunha mesma tenda pero a mesma persoa non poderá gastar máis de 50€ por tenda. O prazo para gastar ese diñeiro finalizará esa mesma noite ás 00.30h (despois desa hora non serán válidos)

Aquí podedes ver os: establecementos asociados ao Centro Comercial Urbano de Monforte

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2017 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com