OLA PRIMAVERA! A NOVA FESTA TEMÁTICA DO COMERCIO ASOCIADO DE MONFORTE (Sábado 13 de maio). Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

 

Volven as xornadas temáticas do CCU! O vindeiro sábado 13 de maio ven a vivir a festa "Ola Primavera!" ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos, unha xornada chea de actividades, sorpresas e descontos para todos os asistentes.
 
Esta festa do comercio comezará coa actuación musical do grupo Batucada-Creativa, que percorrerá as principais rúas comerciais de Monforte entre as 11.00h e as 12.30h da mañá. A continuación, na Praza de España de 12.30h a 14.00h, haberá un Taller Infantil (ao que se poderá acceder presentando tickets de compra de establecementos asociados ao CCU) e un espectacular Photocall onde os peques e non tan peques poderán sacarse divertidas fotos.
 
Pola tarde, a partir das 16.30h, a Praza de España encherase de música coa actuación dun DJ animador que poñerá a bailar a todos os asistentes. Ademais, se levará a cabo unha exhibición de moda na mesma praza, de 17.30h a 19.00h, para mostrar as últimas tendencias da tempada. A xornada seguirá coa actuación musical de Baturruka Monforte nas principais rúas comerciais, de 19.00h a 20.30h, para terminar o día da mellor maneira posible e con moito ritmo.
 
Pero iso non é todo, porque durante toda a xornada varios comercios decorarán os seus escaparates para a ocasión e ofrecerán interesantes descontos nalgúns dos seus produtos, ademais de degustacións como mesas doces e outras sorpresas.
 
E para facer que a xornada sexa aínda máis emocionante, a persoa agraciada cos 2.800€ en compras do sorteo "Rally do Comercio" do CCU, celebrado o día anterior, dispoñerá durante esta xornada do sábado 13 de maio de 7 horas, entre as 10.00h e as 14.00h pola mañá e entre as 17.00h e 20.00h pola tarde, para realizar as compras nos 35 establecementos participantes no sorteo.
 
Non perdas esta oportunidade única de gozar dun día cheo de actividades, sorpresas e descontos no Centro Comercial Urbano de Monforte de Lemos. Esperámosche o vindeiro sábado 13 de maio na xornada "Ola Primavera!" 2023!
 
 
Resumo de actividades:
 
  • Rally do Comercio 2023: De 10.00h a 14.00h e de 17.00h a 20.00h
  • Actuación musical do grupo Batucada-Creativa polas principais rúas comerciais: de 11.00h a 12.30h
  • Taller Infantil e Photocall na Praza de España: de 12.30h a 14.00h
  • Actuación DJ animador: de 16.30h a 19.00h na Praza de España
  • Exhibición de Moda na Praza de España: de 17.30h a 19.00h
  • Actuación musical de Baturruka Monforte nas principais rúas comerciais: de 19.00h a 20.30h

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2023 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com