NADALPARK 2023 E VISITA DE PAPÁ NOEL A MONFORTE (22, 23 e 24 Decembro). Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

 

Por segundo ano volve a Monforte de Lemos o NADALPARK DO CCU, un divertido Parque Infantil de Nadal organizado polo Centro Comercial Urbano (CCU) para goce dos peques e non tan peques. Como o ano pasado, estará aberto os días 22, 23 e 24 de decembro no pavillón do Colexio Ferroviario. Ademais, o sábado 24 de decembro, tamén recibiremos a visita de Papá Noel na Rúa Cardenal (se chove será no pavillón do Colexio Ferroviario).
 
 
O NADALPARK DO CCU
 
A ilusión polo Nadal dos máis peques da familia será a principal protagonista os días 22, 23 e 24 de decembro no Pavillón do Colexio Ferroviario de Monforte. O CCU ofrecerá durante esta segunda edición do Nadalpark unha chea de propostas de diversión e aprendizaxe: inchables variados, talleres infantís, touro mecánico, chocolatada e moitas outras sorpresas que só as familias asistentes poderán descubrir. 
 
 
Horarios e programación
 
VENRES 22 DE DECEMBRO
Horario de mañá e de tarde, de 10.30h a 14.00h e de 16.00h a 20.30h. Poderase gozar de varias atraccións diferentes, merenda con perritos quentes e taller de chapas
 
SÁBADO 23 DE DECEMBRO
Horario de mañá e de tarde, de 10.30h a 14.00h e de 16.00h a 20.30h. Poderase gozar de varias atraccións diferentes, taller de decoración de Nadal e haberá unha gran chocolatada con doces.
 
DOMINGO 24 DE DECEMBRO
Horario só de mañá, de 10.30h a 14.00h. Ademais dalgunha sorpresa, poderase gozar de varias atraccións diferentes.
 
 
Como podo conseguir a miña entrada para acceder ao recinto do Nadalpark do CCU?
 
A entrada ao recinto do Nadalpark, durante unha sesión de mañá ou de tarde, será de 10€. Aqueles que presenten tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe de 9€ ou máis, só pagarán 1 euro para acceder ao recinto (só serán válidos tickets de compra con data do 1 de decembro de 2023 ou posterior).
 
 
 
VISITA DE PAPÁ NOEL A MONFORTE
 
Papá Noel visitará Monforte de Lemos o vindeiro domingo día 24 de decembro. Estará na Rúa Cardenal xunto á árbore de luces de Nadal e estará acompañado pola súa casa de Nadal, un elfo e o seu buzón máxico onde os máis pequenos poderán entregar a súa carta. Vendo o parte meteorolóxico, é moi probable que durante a visita de Papá Noel haxa intensas nevadas, así que vide preparados... (En caso de choiva ou ventos fortes, a visita farase no pavillón do Colexio Ferroviario)
 
Horario
De mañá, de 11.00h a 14.00h 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2023 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com