VOLVEN Á CAPI DA RIBEIRA SACRA OS KARTS A PEDAIS, O ROCÓDROMO E A TIROLINA DOBRE DO CCU!!! (Do 25 ao 29 de Xuño)
Es un buscador de emocións extremas, un amante da aventura? Este verán, o Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU) convídate a unha viaxe emocionante! Con tres actividades electrizantes, prometemos facer palpitar o teu corazón e desatar o teu espírito aventureiro. Do 25 ao 29 de xuño,
volven á Praza da Compañía un clásico xa do lecer na Ribeira Sacra! Actividades cofinanciadas por REDIC - Rede de dinamización comercial da Xunta de Galicia. Colabora Concello de Monforte.
ROCÓDROMO
Explora as impresionantes panorámicas da Praza da Compañía desde a cume do noso rocódromo! Actividade apta para nenos e adultos.
KARTS A PEDAIS
Se che gusta conducir, goza ao máximo pilotando un dos nosos entretidos karts a pedais nunha contorna sen igual! Actividade adecuada para nenos e adultos. Os máis peques poderán compartir a experiencia xunto a un adulto nun dos nosos karts de asento dobre.
TIROLINA DOBRE
Gustaríache experimentar a sensación de flotar a varios metros sobre o chan? Atrévete a descubrilo por ti mesmo na tirolina doble que o Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte instalará na Praza do Campo da Compañía. É unha actividade que poden gozar tanto adultos como nenos maiores de 4 anos.
Achégate a Monforte de Lemos e goza de cinco días cheos de emoción na impresionante capital da Ribeira Sacra!
COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?
Esta actividade, organizada polos comerciantes asociados de Monforte, ten como obxectivo recompensar aos seus clientes e revitalizar o comercio local, por iso as entradas só pódense conseguir facendo unha compra mínima de 10€ desde o 1 de xuño e ata fin de existencias nalgún dos 160 establecementos vinculados ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte. Con cada entrada, poderás acceder gratis a unha das actividades, a elixir: Tirolina, Rocódromo ou Karts a pedais.
NOTA. Lembra que se poñen en circulación máis de 7.000 entradas, pero cada negocio asociado conta con 50 entradas, polo que é probable que algún deles esgóteas ás poucas horas de iniciarse a campaña. Ao pasar os días é máis probable que poidas conseguir entradas nunha xoiería ou inmobiliaria que nun bar ou nun supermercado... As entradas desta actividade están moi demandadas polo que se adoitan dar aos clientes que mostran interese, se é o teu caso pídeas ao facer a compra!
Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalemos entradas entre os/as nosos/as seguidores/as!
HORARIO
Tanto os Karts a pedais, como a Tirolina dobre e o Rocódromo, estarán abertos ao público no seguinte horario:
- Mañás: de 10.00h a 13.00h
- Tardes/Noites: de 19.00h a 24.00h
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!