VOLVEN AS OPORTUNIDADES DE VERÁN DO CCU, NESTA OCASIÓN CO SORTEO DUN PREMIO ÚNICO DE 500€!
Un ano máis, volven As Oportunidades de Verán do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte, será a fin de semana do 17 e 18 de agosto (sábado e domingo) na Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos.
As tendas participantes ofrecerán grandes descontos de fin de tempada superando nalgúns casos o 70% en moda, calzado, bebé, complementos, óptica, decoración, mercería, agasallo… As 10 tendas asociadas que participan nesta ocasión son: Carpe Diem, Da Nosa Terra, FYM MODA, Centro Óptico Susana Wirz, Mimos, Sabrina Moda, Sapitosysirenas, Mercería Carmen, Cactus Rose e Chus Boutique.
Horario:
Sábado 17 agosto:
- Mañá: 10.30h a 14.00h
- Tarde: 18.00h a 21.00h
Sábado 17 agosto:
- Mañá: 10.30h a 14.00h
- Tarde: 18.00h a 21.00h
Domingo 18 agosto:
- Mañá: 11.00h a 14.00h
- Tarde: 18.00h a 20.00h*
* O sorteo presencial dos 500€ será ás 19.00h

COMPRA NAS OPORTUNIDADES DE VERÁN DO CCU E GAÑA UN PREMIO ÚNICO DE 500€!
Se pasas pola Praza de Abastos durante a Feira de Oportunidades de Verán do CCU, non perdas a oportunidade de gañar este espectacular premio!
COMO PODES PARTICIPAR?
É moi sinxelo, só tes que realizar unha compra entre o 17 e o 18 de agosto de 2024 nalgún dos 10 postos que montarán na Praza de Abastos de Monforte os establecementos participantes na Feira de Oportunidades de Verán do CCU.

Con cada compra, independentemente do seu importe, recibirás unha papeleta que deberás cubrir cos teus datos persoais (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto) e posteriormente depositar na urna que atoparás na propia Praza de Abastos habilitada para este fin.
Cantas máis compras fagas, máis papeletas recibirás e máis preto estarás de gañar o premio!
QUE PREMIO PODES GAÑAR?
500€ en compras sen gastar un euro do teu peto! Poderás gastar ata 50€ de balde en cada un dos 10 establecementos participantes na campaña: Da nosa terra, Carpe Diem, Centro Óptico Susana Wirz, Mimos, FYM Moda, Sabrina, Sapitosysirenas, Mercería Carmen, Cactus Rose e Chus Boutique.
CANDO SERÁ O SORTEO?
O sorteo terá lugar na Praza de Abastos de Monforte de Lemos. Será o domingo 18 de agosto de 2024 ás 19:00 horas. Se resultas agraciado/a no sorteo, é imprescindible que esteas presente fisicamente no lugar do sorteo no momento da selección da papeleta gañadora. En caso contrario, perderías o dereito ao premio e, pasados 5 minutos sen avisar da túa presenza, procederase a extraer outra papeleta de forma aleatoria.
CANDO PODERÁS GOZAR DO PREMIO?
A persoa premiada terá un prazo de 15 días para trocar o seu premio (10 vales de 50€) en cada un dos 10 establecementos asociados ao CCU participantes no sorteo
BASES DO SORTEO DE 500€ DURANTE A FEIRA DE OPORTUNIDADES DE VERÁN DO CCU
1. O sorteo de 500€ durante a Feira de Oportunidades de Verán do CCU é unha campaña de dinamización comercial organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte coa colaboración de 10 establecementos comerciais asociados.
2. Os 10 establecementos comerciais asociados ao CCU de Monforte que participan no sorteo de 500€ son: Da nosa terra, Carpe Diem, Centro Óptico Susana Wirz, Mimos, FYM Moda, Sabrina Moda, Sapitosysirenas, Mercería Carmen, Cactus Rose y Chus Boutique.
3. Este sorteo ten como obxectivo incentivar as compras nos establecementos participantes e premiar a fidelidade dos clientes que visiten a Praza de Abastos durante o evento.
4. Poderase participar no sorteo do 17 ao 18 de agosto de 2024.
5. Durante o período de vixencia do sorteo, os clientes que realicen compras nalgún dos postos da Praza de Abastos dalgún dos 10 establecementos que participan na Feira de Oportunidades de Verán do CCU, poderán participar no sorteo dun premio único valorado en 500€. Só poderán participar no sorteo as persoas físicas maiores de idade residentes no territorio nacional que fagan unha das primeiras 1.000 compras na Feira de Oportunidades de
Verán que terá lugar na Praza de Abastos de Monforte durante os días 17 e 18 de agosto de 2024.
6. Para poder participar no sorteo, os clientes deberán cubrir os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto) nas papeletas que recibirán con cada compra (só entran en sorteo as 1.000 primeiras compras) que despois deberán introducir na urna habilitada para ese efecto na propia Praza de Abastos. Cantas máis compras realicen, máis posibilidades terán de gañar o premio.
7. Os propietarios dos negocios asociados ao CCU de Monforte non poderán participar no sorteo, independentemente de se os seus establecementos participan ou non neste sorteo.
8. Premio do Sorteo: O gañador ou gañadora do sorteo terá dereito a realizar compras gratuítas por un valor máximo de 50€ en cada un dos 10 establecementos comerciais participantes no sorteo, o que supón un premio total de 500€ en compras gratuítas. O CCU de Monforte será o encargado de pagar todas esas compras, ata un máximo de 50€ por comercio. É dicir, a persoa gañadora poderá gastar un total de 50€ en cada comercio participante sen ter que pagar nada do seu peto.
9. O proceso de selección do gañador ou gañadora do sorteo realizarase de maneira totalmente aleatoria, mediante a extracción ao azar dunha papeleta de compra de entre todas as depositadas na urna habilitada para este fin na Praza de Abastos de Monforte. A selección da papeleta gañadora terá lugar durante o sorteo presencial que se celebrará o domingo 18 de agosto ás 19.00 horas na Praza de Abastos de Monforte de Lemos. Para poder ser considerado gañador ou gañadora do sorteo, é imprescindible que a persoa titular da papeleta seleccionada estea presente fisicamente no lugar do sorteo no momento da selección da mesma. Se a persoa agraciada non se pon en contacto cos organizadores do sorteo, no prazo de 5 minutos procederase a extraer outra papeleta de forma aleatoria, e así sucesivamente ata que se atope un gañador ou gañadora presente. É responsabilidade dos participantes asegurarse de estar presentes no lugar e momento do sorteo en caso de resultar agraciados, xa que pola contra perderían o dereito ao premio. A persoa gañadora do sorteo, deberá presentar o seu DNI no momento de identificarse para poder facer efectivo o seu premio.
10. A persoa premiada terá un prazo de 15 días para trocar o seu premio (10 vales de 50€) en cada un dos 10 establecementos asociados ao CCU participantes no sorteo. Doutra banda, se realiza unha compra inferior a 50€ nalgún establecemento, a diferenza pérdea e se a compra fose superior aos 50€, o incremento correrá a cargo do propio premiado.
O premio non poderá ser trocado por diñeiro en efectivo nin por calquera outro produto ou servizo distinto dos establecidos nas bases do sorteo. É responsabilidade da persoa agraciada verificar o estado e funcionamento dos produtos comprados antes de abandonar o establecemento. Calquera reclamación posterior deberá ser tratada directamente co establecemento en cuestión. En caso de haber produtos con garantía, a persoa agraciada deberá conservar os comprobantes de compra e a garantía correspondente. O CCU de Monforte resérvase o dereito para modificar ou anular o premio en caso de detectar algún tipo de irregularidade, incumprimento das bases do sorteo ou falta de colaboración por parte da persoa agraciada.
11. O premiado ou premiada poderá transferir o seu premio a outra persoa previo aviso á organización do sorteo. Esa persoa deberá ser maior de idade e estar perfectamente identificada polo CCU de Monforte antes de facer efectivo o seu premio.
12. A persoa gañadora do sorteo autoriza ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte a publicar o seu nome e apelidos, así como a utilizar a súa imaxe en calquera medio relacionado co sorteo.
13. A participación no sorteo implica a aceptación das presentes bases. O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte resérvase o dereito para modificar en calquera momento e sen previo aviso as bases da campaña, así como a pospoñer, suspender ou cancelar o sorteo en caso de forza maior.
14. O CCU de Monforte garante a protección dos datos persoais dos participantes e comprométese a cumprir coa normativa vixente en materia de protección de datos. Os datos persoais solicitados serán utilizados unicamente para a xestión do sorteo e non serán cedidos a terceros.
15. Unha vez realizado o sorteo, todas as papeletas recollidas na urna habilitada a tal efecto cos datos dos participantes serán destruídas.

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia. Colabora Concello de Monforte de Lemos.
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!