VOLVEN AS GYMKHANAS DO CCU ESTE ANO CON MOITAS NOVIDADES (Do 22 ao 24 de Agosto)
Máis de 100 metros de gymkhanas con novos obstáculos para vivir unha experiencia aínda máis espectacular que a de anos pasados. Que non cho conten, ven a vivilo en primeira persoa co Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte de Lemos, do 22 ao 24 de agosto, na Praza da Compañía
76 metros de inchables con 7 módulos totalmente novos con obstáculos diferentes e nunca vistos antes en Monforte
Idades aptas: de 5 a 99 anos
Este ano os máis peques tamén poderán gozar da gymkhana con esta nova versión mini
Idades aptas: ata 5 anos
COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?
Os clientes do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte poden acceder por 1€ presentando unha entrada da actividade. Para conseguir as entradas da actividade é necesario facer un gasto de polo menos 9€ nalgún dos establecementos asociados ao CCU. Ata fin de existencias (cada negocio contará con 50 entradas). A entrada libre é de 15€
Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e X, onde é posible que regalemos entradas entre os/as nosos/as seguidores/as!
1. Só os establecementos asociados ao CCU dispoñen de entradas para estas actividades. Podes coñecer cales son os establecementos asociados visitando o directorio desta Web ou buscando os establecementos coa cartelería do evento
2. Hai máis de 150 negocios asociados en todo Monforte
3. Cada establecemento asociado dispón de 50 entradas (ata fin de existencias). En total hai en circulación máis de 7.500 entradas: en supermercados, tendas de moda, xoierías, restaurantes, ópticas, asesorías, etc.
4. As entradas puxéronse en circulación desde finais de xullo, é probable que cando queiras conseguir unha entrada xa non quede nalgúns establecementos, pregunta antes de facer o gasto e se xa non quedan terás que conseguilas noutro negocio.
5. Toda actividade ten unha capacidade e aforo, non se poden facer/repartir entradas ilimitadas, como é lóxico.
HORARIO
As dúas Gymkhanas estarán abertas ao público no seguinte horario:
- Mañás: de 11.00h a 14.00h
- Tardes/Noites: de 17.00h a 22.00h
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!