VOLVE A AVENTURA Á PRAZA DA COMPAÑÍA!
Tirolina Dobre, Rocódromo e Karts a Pedais... GRATIS coas túas compras no comercio local!
Do 24 ao 28 de xuño | Praza da Compañía | 11.00 a 14.00h e de 19.00 a 24.00h
Chega unha das propostas máis emocionantes do verán á capital da Ribeira Sacra! Do martes 24 ao sábado 28 de xuño, a Praza da Compañía convértese nun auténtico parque de aventuras para todas as idades coa espectacular Tirolina Dobre do CCU, o Rocódromo e os divertidísimos Karts a Pedais.
Actividade organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte e subvencionada polo Concello de Monforte.
Actividade organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte e subvencionada polo Concello de Monforte.
🧗 ROCÓDROMO
Escala ata o máis alto e goza dunha vista única da Praza da Compañía. Un reto vertical para nenos e adultos, con total seguridade.
🏎️ KARTS A PEDAIS
Sente a emoción de pilotar sobre un circuíto cheo de curvas e diversión. Apto para todas as idades! Tamén dispoñemos de karts de dobre asento para compartir a experiencia cos máis pequenos.
🌟 TIROLINA DOBRE
Atrévete coa sensación de voar a varios metros de altura nunha espectacular tirolina dobre que atravesa a praza de punta a punta. Para adultos e nenos/as maiores de 4 anos.
COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?
É moi sinxelo:
🛍 Fai unha compra mínima de 10€ entre o 1 de xuño e o 28 de xuño nun dos máis de 150 establecementos asociados ao CCU de Monforte e pide a túa entrada!
🎟 Cada entrada dá dereito a participar nunha das tres actividades: Tirolina, Rocódromo ou Karts a Pedais. Ti elixes!
Aviso: Cada negocio conta con só 50 entradas, así que non o deixes para o final! Moitos establecementos esgótanas en cuestión de horas. Recoméndase pedir a entrada no momento da compra se queres asegurar a túa participación.
📱 Segue as redes sociais do CCU (@ccumonforte) en Instagram, Facebook ou Twitter, onde tamén faremos sorteos de entradas entre os nosos seguidores!
HORARIO DAS ACTIVIDADES
🕚 Mañás: de 11:00 a 14:00 h
🌆 Tardes e noites: de 19:00 a 24:00 h
📍 Lugar: Praza da Compañía (Monforte de Lemos)
📅 Datas: do martes 24 ao sábado 28 de xuño
Non perdas a oportunidade de vivir unha experiencia única en pleno centro de Monforte. A emoción está garantida… e o acceso é gratis grazas ás túas compras no comercio local!
AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…
…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.
Merca en Monforte, e... sinte #lemosía!