VOLVEN AS GYMKHANAS DO CCU CON MÁIS FORZA CA NUNCA!

 
Do 21 ao 23 de agosto na Praza da Compañía de Monforte
Prepárate para vivir unha experiencia única este verán coa nova edición das GYMKHANAS DO CCU, unha actividade que regresa máis espectacular ca nunca, con moitas novidades, obstáculos inéditos e diversión garantida para toda a familia.
 
 
🎉 ESTREAMOS A GYMKHANA MÁIS GRANDE VISTA NA RIBEIRA SACRA!
Atrévete coa nova GYMKHANA XIGANTE de máis de 90 metros, con varios módulos inchables completamente novos e cheos de desafíos que poñerán a proba a túa habilidade, equilibrio e sentido da aventura
 
📌 Idades recomendadas: de 5 a 99 anos
📍 Lugar: Praza da Compañía – Monforte de Lemos
📅 Datas: 21, 22 e 23 de agosto
 
🕒 Horario:
Mañás: de 11.00h a 14.00h
Tardes: de 17.00h a 22.00h
 
🐣 E MINI GYMKHANA PARA OS MÁIS PEQUENOS
Este ano tamén pensamos nos máis cativos/as! Eles gozarán da MINI GYMKHANA de 15 metros, adaptada para nenos e nenas de ata 5 anos. Porque a diversión tamén é cousa deles!
 
 
🎟️ COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA POR SÓ 1€? 
Moi fácil! Facendo as túas compras no comercio local asociado:
 
🛍️ Compra por valor de 9€ ou máis en calquera dos establecementos asociados ao CCU e conseguirás unha entrada para participar por só 1€ (ata fin de existencias).
🔁 1 compra = 1 entrada (independentemente do importe)
‼️ Lembra: cada comercio dispón de 100 entradas. Algúns as esgotan moi rápido e non sempre poderás atopar entradas no teu negocio preferido, pero hai máis de 150 establecementos CCU participantes en toda a cidade: moda, alimentación, xoiería, restauración, estética, asesorías... Consulta sempre se quedan entradas dispoñibles antes de facer a compra.
💳 Entrada libre sen ticket: 15€
 
📢 Ollo, tamén podemos regalar entradas nas redes!
Síguenos en @ccumonforte en Instagram, Facebook ou X e estáte atento/a.
 
 
ℹ️ INFORMACIÓN IMPORTANTE:
 
- Só os establecementos asociados ao CCU dispoñen de entradas. Podes identificalos pola cartelería oficial ou consultando o directorio desta web.
- As entradas están en circulación desde principios de agosto. Non te despistes!
- A actividade conta con aforo limitado, non se poden emitir entradas ilimitadas.
- A entrada (cunha pequena achega simbólica de 1€) permite acceder a unha das dúas gymkhanas, a grande ou a mini. Ti escolles!
 
Se estás en Monforte en agosto… non podes perder esta aventura! Vive o verán como nunca co CCU de Monforte. A emoción está servida!
 
Organiza: Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte. Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia. Colabora Concello de Monforte de Lemos

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2025 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com