CHEGA FÓRA STOCKS MONFORTE CON GRANDES DESCONTOS DE FIN DE TEMPADA E 500€ EN PREMIOS
 
Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte organiza Fóra Stocks Monforte, a gran cita que marca o fin das rebaixas de inverno no comercio local. Durante a fin de semana do 14 e 15 de marzo, a Praza de Abastos de Monforte converterase nun gran espazo de compras con descontos especiais de fin de tempada nunha ampla variedade de produtos e sectores: moda, calzado, complementos, bebé, decoración, lenzaría e máis.
 
Horario:
Sábado 14 marzo:
- Mañá: 10.30h a 14.00h
- Tarde: 17.00h a 20.30h
 
Domingo 15 marzo:
- Mañá: 11.00h a 14.00h
- Tarde: 17.00h a 19.00h*
* Sorteo presencial ás 19.00h
 
 
 SORTEO DE 500€ ENTRE OS CLIENTES, REPARTIDOS EN TRES PREMIOS
Ademais, Fóra Stocks Monforte vén con premio: sortearanse 500€ en vales agasallo entre as persoas que realicen as primeiras 1.000 compras durante o evento.
 
 
COMO PODES PARTICIPAR?
É moi sinxelo: só tes que realizar unha compra durante Fóra Stocks Monforte, os días 14 e 15 de marzo, na Praza de Abastos de Monforte.
 
As primeiras 1.000 compras recibirán unha papeleta que deberás cubrir cos teus datos (nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto) e depositala na urna habilitada na propia Praza de Abastos.
 
Cantas máis compras fagas, máis papeletas poderás conseguir… e máis opcións terás de levar un dos premios!
 
 
QUE PREMIOS PODES GAÑAR?
No sorteo repartiranse 3 premios en vales regalo por valor de 500€: 
- Un premio de 300€ (6 vales de 50€)
- Un de 150€ (3 vales de 50€)
- Un de 50€ (1 vale de 50€)
 
As persoas premiadas poderán canxealos nos establecementos asociados ao CCU participantes en Fóra Stocks Monforte ata o 31 de marzo.
 
 
CANDO SERÁ O SORTEO?
O sorteo celebrarase na Praza de Abastos de Monforte de Lemos o domingo 15 de marzo de 2026, ás 19:00h.
 
Para resultar premiado/a é imprescindible estar presente no momento de extraer a papeleta gañadora. Se a persoa agraciada non se presenta e transcorridos 5 minutos non se identifica no lugar do sorteo, perderá o dereito ao premio e procederase a extraer unha nova papeleta de forma aleatoria.
 
 
 
BASES DO SORTEO DE 500€ EN VALES REGALO DURANTE FÓRA STOCKS MONFORTE 2026
1. O sorteo de 500€ en vales regalo durante Fóra Stocks Monforte 2026 é unha acción de dinamización comercial organizada polo Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte.
2. Os vales regalo deberán canxearse exclusivamente nos establecementos asociados ao CCU que participen en Fóra Stocks Monforte 2026.
3. O obxectivo deste sorteo é incentivar as compras durante o evento e premiar a fidelidade das persoas consumidoras que visiten a actividade na Praza de Abastos de Monforte de Lemos.
4. Poderase participar no sorteo os días 14 e 15 de marzo de 2026, durante o horario de celebración do evento.
5. Poderán participar persoas físicas maiores de idade, residentes no territorio nacional, que realicen algunha das primeiras 1.000 compras durante Fóra Stocks Monforte 2026 na Praza de Abastos.
6. Mecánica de participación:
- Coas primeiras 1.000 compras entregarase unha papeleta.
- A persoa participante deberá cubrir na papeleta os seus datos (nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto) e depositala na urna habilitada na propia Praza de Abastos.
- Cantas máis compras realice unha persoa dentro das primeiras 1.000, máis papeletas poderá obter e, polo tanto, máis opcións terá de resultar premiada.
7. Non poderán participar no sorteo:
- As persoas propietarias dos establecementos asociados ao CCU.
- Nin tampouco as persoas que formen parte da organización do sorteo (dirección/órganos do CCU, persoal e colaboradores directamente vinculados á xestión da campaña).
8. Premios do sorteo (total 500€):
- 1 premio de 300€ (6 vales de 50€)
- 1 premio de 150€ (3 vales de 50€)
- 1 premio de 50€ (1 vale de 50€)
9. Selección das persoas premiadas:
- A selección realizarase de maneira aleatoria, mediante a extracción ao azar de papeletas depositadas na urna.
- O sorteo será presencial e terá lugar o domingo 15 de marzo de 2026 ás 19:00 h, na Praza de Abastos de Monforte de Lemos.
- Para resultar premiado/a é imprescindible estar presente no momento de extraer a papeleta gañadora.
- Se a persoa agraciada non se identifica no lugar do sorteo e, transcorridos 5 minutos, non confirma a súa presenza, perderá o dereito ao premio e procederase a extraer unha nova papeleta de forma aleatoria.
- A persoa premiada deberá acreditarse co seu DNI no momento de facer efectivo o premio.
- As papeletas con datos incompletos, ilexibles ou que non permitan identificar e contactar coa persoa participante poderán ser consideradas nulas, procedéndose á extracción doutra papeleta. O CCU resérvase o dereito de solicitar a identificación necesaria para comprobar a titularidade da papeleta premiada.
- Unha mesma persoa (mesmo DNI) non poderá resultar premiada en máis dun premio. Se isto ocorrera, manterase o primeiro premio asignado e procederase a extraer unha nova papeleta para o premio restante. 
10. Canxeo dos vales:
- Os vales regalo poderán canxearse nos establecementos participantes ata o 31 de marzo de 2026.
- Os vales de 50€ son nominativos por establecemento, é dicir, cada vale indicará expresamente o nome do establecemento no que pode ser canxeado, e só poderá utilizarse nese establecemento.
- Se a compra realizada é inferior ao valor do vale, non se devolverá a diferenza.
- Se a compra é superior, a diferenza deberá ser abonada pola persoa premiada.
- O premio non poderá trocarse por diñeiro en efectivo.
- É responsabilidade da persoa agraciada verificar o estado e funcionamento dos produtos comprados antes de abandonar o establecemento. Calquera reclamación posterior deberá ser tratada directamente co establecemento en cuestión. En caso de haber produtos con garantía, a persoa agraciada deberá conservar os comprobantes de compra e a garantía correspondente. 
11. Cesión do premio:
- A persoa premiada poderá ceder o premio a outra persoa, sempre que o comunique previamente á organización e a nova persoa estea debidamente identificada e sexa maior de idade.
12. Difusión do resultado:
- A persoa gañadora autoriza ao CCU de Monforte a publicar o seu nome e apelidos e a utilizar a súa imaxe en calquera medio relacionado co sorteo (web e redes sociais, entre outros).
13. A participación no sorteo implica a aceptación íntegra destas bases. O CCU de Monforte resérvase o dereito a modificar as bases, así como a pospoñer, suspender ou cancelar o sorteo por causa xustificada ou forza maior.
14. Protección de datos:
- O CCU de Monforte comprométese a cumprir coa normativa vixente en materia de protección de datos.
- Os datos recollidos utilizaranse unicamente para a xestión do sorteo e non serán cedidos a terceiros, agás obrigas legais.
15. Unha vez realizado o sorteo, as papeletas depositadas na urna serán destruídas.
 
 
Actividad cofinanciada pola Xunta de Galicia e Comercio Galego, coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2025 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com