O verán despega en Monforte coa Tirolina dobre e os Karts a pedais do CCU

Do 15 ao 19 de xullo, a Praza da Compañía acolle a Tirolina Dobre, o Rocódromo e os Karts a pedais, nunha nova campaña de dinamización do comercio local.

 

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte continúa apostando pola dinamización comercial, o lecer familiar e a creación de ambiente nas rúas coa volta dunha das súas propostas máis esperadas do verán.
 
Do 15 ao 19 de xullo de 2026, a Praza da Compañía converterase de novo nun gran punto de encontro para veciños, familias, visitantes e clientes do comercio local, coa instalación da Tirolina Dobre do CCU, o Rocódromo e os Karts a pedais.
 
Cinco días para gozar de Monforte doutro xeito: voando, escalando, conducindo e, sobre todo, apoiando o comercio de proximidade.
 
As actividades desenvolveranse en horario de mañá e tarde:
 
Mañás: de 11:00h a 14:00h
Tardes/noites: de 18:00h a 23:00h
 
 
 

A Tirolina Dobre do CCU e o Rocódromo: emocións fortes no corazón de Monforte

 
A Tirolina Dobre do CCU chega este ano á súa novena edición, consolidada xa como unha das grandes citas do verán en Monforte e como unha das campañas máis recoñecidas da traxectoria do Centro Comercial Urbano.
 
Trátase dunha actividade espectacular, diferente e moi visual, que permite vivir unha experiencia chea de emoción nun dos espazos máis emblemáticos da cidade: a Praza da Compañía.
 
A tirolina será dobre, de ida e volta, e estará acompañada polo Rocódromo do CCU, unha proposta complementaria que permitirá gozar da escalada dun xeito seguro, accesible e adaptado a diferentes idades.
 
Con esta iniciativa, o CCU busca seguir unindo lecer, comercio e cidade, xerando movemento nas rúas, atraendo público local e visitante e reforzando o papel do pequeno comercio como motor social e económico de Monforte.
 
A actividade A Tirolina Dobre do CCU e Rocódromo conta coa subvención do Concello de Monforte de Lemos.
 
 
 

Karts a pedais do CCU: diversión para seguir enchendo de vida a Praza da Compañía

 
Como campaña complementaria á proposta da tirolina e o rocódromo, o CCU incorpora tamén a actividade de Karts a pedais, pensada especialmente para o público máis infantil e familiar.
 
Durante estes días, os máis pequenos poderán gozar dunha experiencia divertida e participativa conducindo os karts nun marco incomparable, tamén na contorna da Praza da Compañía.
 
Os Karts a pedais do CCU axudarán a ampliar a oferta de ocio, reforzando o ambiente na cidade e facendo que a visita ao centro de Monforte sexa aínda máis atractiva para familias, nenos e persoas visitantes.
 
A actividade Karts a pedais do CCU está cofinanciada pola Xunta de Galicia.
 
 
 

Como conseguir a túa entrada?

 
As entradas para participar nas actividades poderán conseguirse realizando compras nos establecementos asociados ao CCU de Monforte.
 
Desde principios de xullo de 2026, por compras superiores a 10€ nos negocios asociados, as persoas clientes PODERÁN PEDIR entradas para gozar da campaña.
 
Cada entrada dará acceso gratuíto a unha das actividades dispoñibles: Tirolina Dobre, Rocódromo ou Karts a pedais. Ti escolles!
 
As entradas entregaranse nos establecementos asociados participantes ata fin de existencias.
 
 
 

Máis de 14.000 entradas para premiar as compras no comercio local

 
Nesta edición repartiranse máis de 14.000 entradas, con 100 entradas por negocio asociado, co obxectivo de premiar a confianza da clientela, incentivar as compras no comercio de proximidade e favorecer o movemento de persoas polos distintos establecementos participantes.
 
 
 

Un verán para vivir Monforte e desfrutar grazas aos negocios locais

A Tirolina Dobre, o Rocódromo e os Karts a pedais forman parte dunha proposta pensada para facer cidade, xerar ambiente nas rúas e demostrar que o comercio local tamén é capaz de crear experiencias únicas.
 
Durante cinco días, Monforte volverá vivir unhas campañas especiais arredor do comercio asociado, con actividades pensadas para atraer público, premiar as persoas que mercan nos negocios locais e reforzar a imaxe da cidade como destino de compras e lecer no corazón da Ribeira Sacra.
 
Mercando no comercio asociado do CCU, poderás conseguir a túa entrada e vivir estas experiencias desde dentro.
 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2025 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com