A ESPECTACULAR GYMKHANA DO CCU REGRESA ESTE VERÁN CUN DIVERTIDO BARCO PIRATA


Do 20 ao 22 de agosto na Praza da Compañía de Monforte

 

A aventura regresa este verán a Monforte! Por quinto ano consecutivo, o CCU recupera unha das súas campañas máis coñecidas e agardadas, cunha espectacular gymkhana de obstáculos e un gran barco pirata inchable para os máis pequenos da familia.
 
Tres días para saltar, correr, superar retos e compartir diversión, ao tempo que apoiamos o comercio local de Monforte.
 
 
 
MÁIS DE 75 METROS DE DIVERSIÓN
 
A actividade principal será unha gran gymkhana formada por sete módulos inchables e cun percorrido de aproximadamente 75 metros. Obstáculos, saltos, túneles, ramplas e diferentes desafíos poñerán a proba a habilidade, o equilibrio e a resistencia das persoas participantes.
 
A gymkhana está dirixida tanto a persoas adultas como a nenos e nenas a partir de aproximadamente 5 anos, dependendo da súa constitución física.
 
📍 Lugar: Praza da Compañía, Monforte de Lemos
📅 Datas: 20, 21 e 22 de agosto de 2026
 
🕒 Horario:
Mañás: de 11:00 a 14:00 horas
Tardes: de 17:00 a 22:00 horas
 
 
 
UN GRAN BARCO PIRATA PARA OS MÁIS PEQUES
 
Os nenos e nenas de menor idade tamén terán a súa propia aventura grazas a un espectacular barco pirata inchable con zona de salto, obstáculos, escaleira e tobogán.
 
Unha actividade pensada especialmente para menores desde os 2 anos e para aqueles pequenos e pequenas que aínda non poidan participar na gymkhana principal.
 
 
 
COMO CONSEGUIR AS ENTRADAS?
 
Conseguir unha entrada é moi sinxelo: só tes que facer as túas compras nos establecementos asociados ao CCU de Monforte.
 
🛍️ Por unha compra igual ou superior a 9 €, poderás recibir unha entrada para acceder á Gymkhana ou ao Barco Pirata mediante unha doazón simbólica de 1€.
 
🔁 Unha compra = unha entrada, independentemente do importe da compra.
🎟️ Cada entrada permite realizar un acceso a unha das dúas actividades: a Gymkhana ou o Barco Pirata.
💳 As persoas que non dispoñan dunha entrada conseguida no comercio asociado tamén poderán acceder aboando 15€.
 
As entradas estarán dispoñibles nos establecementos asociados desde principios de agosto, ata esgotar existencias.
 
 
IMPORTANTE: AS ENTRADAS SON LIMITADAS
Cada establecemento asociado dispón dun máximo de 100 entradas. Unha vez esgotadas, non poderá recibir máis.
 
Por iso, é posible que non sempre queden entradas no teu negocio habitual. Se isto sucede, lembra que podes conseguilas facendo as túas compras noutros establecementos asociados ao CCU: moda, alimentación, calzado, xoiería, librarías, restauración, estética, servizos e moitos máis.
 
Recomendamos consultar a dispoñibilidade de entradas antes de efectuar a compra.
 
 
INFORMACIÓN DE INTERESE
- Só os establecementos asociados ao CCU dispoñen de entradas para esta campaña.
- Podes identificalos pola cartelería oficial ou consultando o directorio desta páxina web.
- O reparto de entradas comezará a principios de agosto e estarán dispoñibles ata esgotar existencias.
- Cada entrada permite un único acceso á Gymkhana ou ao Barco Pirata.
- O acceso coa entrada conseguida no comercio require unha doazón simbólica de 1€, destinada a contribuír ao financiamento de futuras actividades de dinamización comercial.
- As actividades contan con aforo limitado e estarán supervisadas por un equipo profesional de monitores.
 
 
Este agosto, compra no comercio local e prepárate para vivir unha nova aventura no corazón de Monforte. Corre, salta, supera os obstáculos e atrévete a subir ao Barco Pirata e a Gymkhana do CCU 2026!
 
 
Organiza: Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte.
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia.
Colabora: Concello de Monforte de Lemos.
 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2026 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com