GYMKHANA DE 70 METROS E BARCO PIRATA (Do 25 ao 27 de Agosto)

 

Gústanche as emocións fortes? Pois este verán o Centro Comercial Urbano (CCU) trae por segunda vez a Monforte de Lemos dúas actividades
que farán gozar aos nosos clientes máis aventureiros. Será na Praza da Compañía, entre o 25 e o 27 de Agosto (3 días).
 
A GYMKHANA DO CCU
70 metros de inchables con 7 obstáculos diferentes: tobogán caída libre, habilidade, reptar, dificultade, escalada con tobogán, whipeout e mini rocódromo.
 
Idades aptas: de 5 a 99 anos*
 
*A idade mínima de 5 anos dependerá da constitución do neno e da valoración dos monitores
 

BARCO PIRATA 
Os máis peques que por idade/constitución non poidan entrar á Gymkhana, poderán divertirse neste espectacular barco pirata inchable
 
Idades aptas: de 3 a 99 años
 
 
Actividades cofinanciadas pola Xunta de Galicia. Colabora Concello de Monforte
 


COMO CONSEGUIR A TÚA ENTRADA?
Os clientes do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte poden acceder por 1€ presentando unha entrada da actividade. Para conseguir as entradas da actividade é necesario facer un gasto de polo menos 9€ nalgún dos establecementos asociados ao CCU. Ata fin de existencias (cada negocio contará con 50 entradas). A entrada libre é de 15€
 
A entrada + 1€ dá acceso a unha das actividades, a Gymkhana ou o Barco Pirata, ti escolles! (1 compra = 1 entrada)

Ollo! Tamén debes estar atento ás nosas redes sociais, @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter onde é posible que regalemos entradas entre os/as nosos/as seguidores/as!
 
 
AVISOS IMPORTANTES
1. Só os establecementos asociados ao CCU dispoñen de entradas para estas actividades. Podes coñecer cales son os establecementos asociados visitando o directorio desta Web ou buscando os establecementos coa cartelería do evento
2. Hai máis de 155 negocios asociados en todo Monforte
3. Cada establecemento asociado dispón de 50 entradas (ata fin de existencias). En total hai en circulación máis de 7.500 entradas: en supermercados, tendas de moda, xoierías, restaurantes, ópticas, asesorías, etc. 
4. As entradas puxéronse en circulación desde finais de xullo, é probable que cando queiras conseguir unha entrada xa non quede nalgúns establecementos, pregunta antes de facer o gasto e se xa non quedan terás que conseguilas noutro negocio.
5. Toda actividade ten unha capacidade e aforo, non se poden facer/repartir entradas ilimitadas, como é lóxico.
 
 

HORARIO
Tanto a Gymkhana como o Barco Pirata, estarán abertos ao público no seguinte horario:

- Mañás: de 11.00h a 14.00h
- Tardes/Noites: de 18.00h a 23.00h

 

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2023 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com