Pásao como nunca na Volta ao Cole do CCU e gaña ata 500€ en vales agasallo! (9 de septembro )

 

A gran festa de Volta ao Cole que organizan os comerciantes asociados ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte está de volta.
 
DATA E LOCALIZACIÓN
Será o vindeiro sábado 9 de setembro no centro histórico da nosa cidade, converténdose a Praza de España nun divertido campo de xogos onde poderemos gozar dun futbolín humano, unha diana xigante e outras sorpresas.
 
HORARIO
As actividades desenvolveranse en horario de mañá e tarde:
Mañá: de 12.00h a 14.00h
Tarde: de 18.00h a 20.00h
 
ENTRADA
Para poder acceder a algunha destas actividades será necesario presentar tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe mínimo de 10€ (só serán válidos tickets con data do 25 de agosto ou posterior)
 
 
GAÑA ATA 500€ EN VALES AGASALLO NO CONCURSO DE PUNTERÍA DO CCU
 
Tes bo toque de balón? Pois demóstrao no concurso de puntería e gaña ata 500€ en vales agasallo para gastar no comercio local asociado!
 
COMO PODES PARTICIPAR NO CONCURSO?
 
1. Deberás estar presente antes das 18.30h na Praza de España, xunto á Diana Xigante, e avisar aos monitores do teu interese en participar no concurso (todo aquel que avise máis tarde das 18.30h quedará excluído do concurso e non poderá participar)
2. Para poder participar no concurso terás que presentar tickets de compra de establecementos asociados ao CCU por un importe mínimo de 10€ (só serán válidos tickets con data do 25 de agosto ou posterior)
3. Só poden participar persoas maiores de idade ou menores acompañados por algún dos seus pais ou representante legais
 
 
CALES SON OS PREMIOS QUE PODES GAÑAR?
 
Os participantes no concurso de puntería do CCU poderán gañar un destes tres premios:
1. Primeiro clasificado = 300€ (6 vales agasallo de 50€)
2. Segundo clasificado = 150€ (3 vales agasallo de 50€)
3. Terceiro clasificado = 50€ (1 vale agasallo de 50€)
 
Avisos importantes!
1. Todos os premios serán entregados en vales de 50€
2. Cada vale debe ser gastado integramente nun mesmo establecemento asociado ao CCU (non se poden dividir)
3. Non se poden gastar/utilizar máis de 2 vales (100€) nun mesmo establecemento
4. O CCU non se fará responsable en caso de incumprimento desta normativa por parte do cliente premiado ou por parte do establecemento asociado que reciba os vales agasallo. O cliente debe saber ao participar no concurso que non pode utilizar máis de 2 vales nun mesmo establecemento asociado ao CCU e os establecementos asociados deben saber que non poden aceptar máis de dous vales da mesma persoa premiada
5. Os vales agasallo teñen como data de caducidade o 25 de setembro de 2023. Pasada esa data non poderán ser utilizados polo premiado nin aceptados en ningún establecemento asociado.
 
 
CAL É A MECÁNICA DO CONCURSO?
 
Aínda que a mecánica exacta do concurso explicarase in situ o mesmo día do evento, xa que esta dependerá en boa medida do número de participantes (por cuestións de tempo), basicamente consistirá en mostrar a túa puntería na Diana Xigante que estará instalada na Praza de España.
 
Cada participante terá a opción de xutar o balón un número de veces a determinar e obterá unha determinada puntuación en función de todos os seus lanzamentos. Esa puntuación fará que se clasifique ou non para a final da que sairán os gañadores dos 3 premios xa comentados

 

 

 

AS EMOCIÓNS MOVEN O MUNDO…

…e soamente determinados lugares provocan algunhas delas.

Merca en Monforte, e... sinte #lemosía! 

© 2023 . Todolos dereitos reservados | Páxina oficial do CCU de Monforte | Diseño by 27400.com